Lugo, 19 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, supervisaron as obras de mellora da estrada municipal dende Marco de Álvare a Caínzos, que contan cun investimento de 80.000 euros do Goberno da Deputación. Concretamente este investimento permitirá o acondicionamento de 2 quilómetros (do 0 ao 2) da LU-044-060, sendo a 1ª fase das obra de mellora desta via.
Trátase do treito dende a estrada LU-P-5501 á LU-P-4404. As melloras, que se executan estes días, consisten no aglomerado en quente e no incremento da sinalización. Esta vía municipal conta coa maior carga gandeira do Concello, pois hai máis de 25 explotacións gandeiras que superan as 2.500 vacas, rexistrando un volume moi elevado de maquinaria pesada.
Campos Conde remarcou que co acondicionamento deste vial damos resposta á demanda veciñal que reclamaba o arranxo desta infraestrutura, e ao mesmo tempo contribuímos a mellorar a calidade de vida das persoas que viven no rural lugués, concretamente en Álvare, un núcleo cunha gran actividade gandeira.
Iglesias Sierra agradeceu o investimento da Deputación no Concello e avanzou que a ultima fase de arranxo desta estrada tamén vai ser financiada con cargo aos investimentos do Plan Único da Deputación 2018. “Serán preto de 45.000 euros os que se investiran para rematar esta estrada desde O Fontao (Álvare) aos Caínzos (A Guarda), dando por finalizado o acondicionamento deste vial”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



