A estrea terá lugar o vindeiro sábado, día 30 de xuño, ás 21,00 horas, na Área Recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, que é tamén o lugar de ensaio do grupo. A partir de agora O Centiño levará a súa nova obra por diversos escenarios da provincia, comezando pola semana do teatro de Foz, en agosto e continuando polos circuítos de Buxiganga.
