Foz, 7 de xuño de 2018. O equipo de Dinamización de Lingua Galega do Instituto de Secundaria de Foz elaborou un documental que inclúe entrevistas con veciños e veciñas do municipio. Este traballo audiovisual, dirixido por Roi Cagiao e con música orixinal de Alberto Aguado, será presentado publicamente a vindeira semana. No documental, conducido a través de entrevistas realizadas polas alumnas do equipo, participaron David Val, Fina Díaz, Marcelino Villarino, Otilia Fernández, Antonio Valín, Rosa Calvo, Eddye Varela e Julia Vidarte.
O IES de Foz elaborou un documental que inclúe entrevistas con veciñ@s do municipio. Será presentado publicamente a vindeira semana
- Anterior
O 29 de xuño terá lugar en Rinlo un espectáculo entorno a unha queimada tradicional e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo. Estas son dúas actividades organizadas por Acisa, grazas á colaboración da Xunta. Ademais o colectivo empresarial repartirá bolsas de papel gratuítas entre os seus asociados