Ribadeo, 31 de maio de 2018. A Concellería de Desenvolvemento Local e Turismo deu a coñecer os premios á mellor tapa e á mellor barra da XIII edición do Ribadeo de Tapeo elixidas polo público. Da leira e da ribeira de O Piano foi a elixida como A tapa do público e a mellor barra foi a do Bar Queimada. Este sábado, 2 de xuño, ás 19:30 horas terá lugar a entrega de premios do Ribadeo de Tapeo no Teatro. Na cita actuarán os grupos participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna.
A concelleira Ana Martínez declarou que “xa recta final da XIII edición do Ribadeo de Tapeo, danse a coñecer os premios do público. Así o público participante nesta edición cos seus votos, froito das votacións emitidas polo público nas urnas instaladas nos 44 locais participantes neste concurso gastronómico, decidiu que o premio Tapa do Público sexa para Da leira e da ribeira do establecemento hostaleiro O Piano e o premio Mellor Barra sexa para o establecemento Bar Queimada, este último elíxese tendo en conta a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso), as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación) así como a experiencia global cos clientes”.
A edil ribadense engadiu que “a entrega dos premios terá lugar o vindeiro sábado, 2 de xuño, ás 19.30 horas no Teatro de Ribadeo. No acto actuarán os grupos participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna. Nese mesmo momento, tamén se entregarán os premios do xurado profesional. Hai que lembrar que un grupo de espertos cociñeiros composto por 4 persoas, estiveron probando e xulgando as tapas presentadas ao concurso o pasado 21de maio as instalacións do hotel restaurante Voar e decidiron entregar os premios que xa se deron a coñecer hai uns días”.
1 PREMIO
Hotel AG Porcillán
Xógaras de Porcillán.
2 PREMIO
Texturas Galegas Javier Montero
Brownie salgado.
3 PREMIO
El Oviedo
Carpaccio de ova curada, emulsión de kefir con algas, manteiga de ourizo e vexetais conservadas en vinagre.
TAPA RIBADEO
El Parador de Ribadeo
Petisco de mar.
MENCIÓN ESPECIAL
Restaurante Marinero
Rabodeo.
MENCIÓN ESPECIAL “MELLOR VALORACIÓN NA APP MÓBIL”
O Alén
“O barril do bodegón recheo de bacallau”
Ana Martínez dixo que “tamén se entregan os agasallos do Tapear ten premio, doados por gran parte dos establecementos participantes. Convido ao público a asistir a este acto, e quero dar os parabéns aos premiad@s ademais de agradecer a tod@s a participación”.
ZONA 1
Percorre 8 establecementos da ZONA 1 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:
-Unha cea degustación para dúas persoas en A Dorada do Cantábrico por cortesía deste establecemento.
-Nome: Denise Martínez Bouza
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en La Botellería por cortesía deste establecemento.
-Nome: Pilar Román Castro
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas na Taberna Antón por cortesía deste establecemento.
-Nome: Antonio Eijo López
-Localidade: Foz
-2 menús do día para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento.
-Nome: Sandra Milena Piedrahita
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en Cayococo por cortesía de Hotel Loriente.
-Nome: Gabino González Méndez
-Localidade: Coaño (Asturias)
ZONA 2
Percorre 8 establecementos da ZONA 2 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:
-Unha cea para dúas persoas en Restaurante Marinero por cortesía deste establecemento.
-Nome: Monserrat Camino Fernández
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea degustación para dúas persoas en A Dorada do Cantábrico por cortesía de Cafetería la Lira.
-Nome: Sabas
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas valorada en 50€ en Pulpería A Menchina por cortesía deste establecemento.
-Nome: Miguel A. Fuentes Rego
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento.
-Nome: María Inés Pérez
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en O Indiano por cortesía deste establecemento.
-Nome: Mónica Pereira Alcaraz
-Localidade: Vegadeo
ZONA 3
Percorre 8 establecementos da ZONA 3 e consegue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:
-Unha cea para dúas persoas no Mareta por cortesía deste establecemento.
-Nome: Ana Lombardero
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas valorada en 40€ no Prohibido por cortesía deste establecemento.
-Nome: Rafael Ares Ugarte
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento.
-Nome: Justo García Rodríguez
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas na Pulpería O Forno por cortesía deste establecemento.
-Nome: Francisco Javier Dorado
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en Fumarel por cortesía deste establecemento.
-Nome: Felipe González Docampo
-Localidade: Lourenza(non está)
ZONA 4
Percorre 5 dos establecementos da ZONA 4 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:
-Unha comida ou cea para dúas persoas en Restaurante Porta Norte por cortesía deste establecemento e almorzo matinal para dúas persoas na Cafetería La Brisa por cortesía deste establecemento.
-Nome: Clara Suárez López
-Localidade: A Devesa
-Un estuche de 3 botellas de Albariño e un menú degustación con bodega incluída para dúas persoas na Mirandilla Restaurante, ambos por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
-Nome: María José Mon Oliveros
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en La Cuchara de Palo por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
-Nome: Domingo Rañón
-Localidade: Vilaframil
-Unha paella de marisco para dúas persoas en Dolce Cattedrale por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
-Nome: José Arnau Sánchez
-Localidade: Cervo
-Unha cea para dúas persoas en El Rincón del Gordo por cortesía deste establecemento e almorzo matinal para dúas persoas en Delicatés por cortesía deste establecemento.
-Nome: Javier López García
-Localidade: Tol (castropol)
RUTA TAPEO 16
Percorre 4 establecementos de CADA RUTA e consegue polo menos 16 selos e participa no sorteo de:
-Unha cea para dúas persoasno Hotel Restaurante “La Villa”por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Cienfuegos Bar.
-Nome: Pedro Pérez Álvarez
-Localidade: Ribadeo
-Unha cea para dúas persoas en Texturas Galegas Javier Montero por cortesía deste establecemento. (previa reserva) e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Bar Galicia.
-Nome: Indalecio Murias
-Localidade: Tapia de Casariego
-Un bono con 2 “Menús Parador” para dúas persoas por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
-Nome: Miguel Barcia García
-Localidade: Vegadeo
-Un cea para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
-Nome: Rocio Vidal Lastra
-Localidade: Salgueiras (Oscos)
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



