As crianzas son case sempre a maior das preocupacións nas familias, os pediatras son unha sorte de magos que fan diagnoses aos pequenos, aínda que non falen e non expresen os seus síntomas.
Unha sociedade ten a obriga que coidar ás xeracións futuras, é lei de vida, e tamén unha realidade da cadea evolutiva, para ter éxito como especie. Son polo xeral ós máis débiles e que precisan máis axuda. Sempre se di que cando es Pai ou Nai empezas a comprender o que é ter medo, cando un fillo está enfermo, aínda que so sexa un catarro.
A administración é o garante invisible no proceso de crianza, ten que garantir a calidade de vida e o benestar de esta parte tan importante da sociedade, o futuro de Galicia.
Neste senso temos que dicir alto e claro, QUEREMOS PEDIATRAS!! porque todos os días vemos nos xornais que en tal o cal vila ou pobo están protestando porque quedan sen pediatra: Alfoz, Burela, Chantada, Vila de Cruces, Co ruxo … a administración di que non ten médicos dispoñibles, pero todos sabemos que na realidade é unha amortización de prazas para ir aforrando no que non se pode aforrar, a saúde. Xa pasou cos odontólogos e as matroas nos centros de saúde.
Queremos pediatras no rural, queremos pediatras nas vilas e queremos pediatras a 15 minutos de calquera núcleo de máis de 500 habitantes. Iso pediuno CxG no Parlamento de Galicia en Xaneiro e nin PP, nin PSOE, nin Marea, nin BNG apoiaron a proposta, eles saberán.
O saldo vexetativo de Galicia é claro e alarmante. Tivemos máis de 13.000 persoas que morreron por riba dos nacementos. Quen pode considerar que é boa xestión de Feijoo equipa, esperar os meses estivais para ir pouco a pouco eliminando pediatras no rural e nas vilas de Galicia? E está a maneira de fomentar a natalidade e o asentamento no cada vez máis despoboado rural?
Por decencia e por coherencia cómpre unha solución seria a este problema, non se pode xogar cos máis débiles e non se pode facer este dano a Galicia. É ben que cada casa de Galicia poña na fiestra unha pancarta que diga: “QUEREMOS PEDIATRAS PARA OS NOSOS NENOS”
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



