Trasbar, 25 de xullo de 2018.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar peregrinou ata o Santiago de Sargadelos.
Este mércores día 25, día de Galicia, veciños de Trasbar partiron ás 10.00 h do local social do dito barrio para facer a ruta a pé ata o Santiago de Sargadelos. Foron vintecatro os peregrinos que se Botaron a andar, aos que máis tarde na hora do xantar, se uniu o resto do grupo chegado en coche.
Os camiñantes logo de percorrer o tramo final do seu camiño polo Camiño Real de Cervo a Sargadelos, chegaron ao seu destino onde se lles fixo entrega da súa concha de peregrino. Despois todo o grupo, unhas trinta e sete persoas en total, entre nenos e adultos, xantaron todos xuntos nas inmediacións da antiga fábrica e tras gozar da beleza da zona e dunha tarde de xogos, volveron andando ata Trasbar.