O persoal vese obrigado a atender dous servizos ao mesmo tempo, o que provoca desatención ás mulleres ingresadas, expón a Federación de Sanidade do sindicato
A Mariña, 30 de xuño, 2025. A Federación de Sanidade de CCOO denuncia publicamente a sobrecarga asistencial que se está a vivir no servizo de partos e na planta de hospitalización de Xinecoloxía e Obstetricia do Hospital da Mariña. Segundo o sindicato, o persoal —sexa de enfermaría ou TCAE— vese sistematicamente obrigado a abandonar o seu posto nun destes servizos para cubrir necesidades asistenciais no outro, quedando unha das unidades sen atención profesional directa, «co risco que iso supón», engade. Esta práctica, lonxe de ser puntual, mantense malia as reiteradas advertencias formuladas por escrito e no comité de seguridade e saúde.
«A dobre presenza de persoal nestes servizos é un claro exemplo de sobrecarga e risco psicosocial para os traballadores e as traballadoras», afirma CCOO. «Isto non só afecta á súa saúde e benestar, senón tamén á calidade da atención que se lles presta aos pacientes», incide.
Ante a inacción da Xerencia e a falta de respostas efectivas, Comisións Obreiras solicitou a intervención da Inspección de Traballo para que se tomen medidas urxentes que garantan a cobertura asistencial axeitada e eviten situacións de risco. «A saúde e a seguridade das traballadoras e das pacientes non poden seguir sendo ignoradas. É preciso actuar xa», reclama a organización sindical.
Desde a Federación de Sanidade de CCOO sublíñase que en ningún outro hospital público de Galicia se permite que o persoal abandone un servizo, deixándoo sen atención de enfermaría —sexan enfermeiras ou TCAE—, para ir cubrir outro. «Esta é unha mostra máis das graves deficiencias na xestión que sofre o Hospital da Mariña, motivo polo cal se están a convocar concentracións de protesta», salienta o sindicato.
Por todo isto, CCOO insta a Xerencia e ao Sergas a que doten de persoal suficiente os servizos afectados e adopten as medidas organizativas necesarias para garantir unha atención sanitaria segura e digna para as mulleres da comarca da Mariña.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



