Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi. É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.
