Viveiro, a 26 de xullo de 2018. Dende o PP de Viveiro queremos manifestar o noso agradecemento pola colaboración da Xunta de Galicia co Viveiro C.F., que se traduce nunha axuda de 40.000 euros cos que se poderán mellorar as instalacións do estadio municipal de Cantarrana, lugar no que xoga os seus partidos o clube da nosa cidade.
Esta achega permitirá a mellora da iluminación do estadio, asi como a instalación dun sistema de rego automático do que ata a data carecía dito estadio.
Dende o PP de Viveiro agardamos que este claro e inequívoco compromiso da Xunta de Galicia co deporte do noso concello e cun clube casi centenario como é o Viveiro C.F., sirva de exemplo para que o goberno local socialista tome boa nota e colabore dun xeito decidido para dar solución a outras dependencias desta instalación, como ben poderían ser o arranxo dos baños para os espectadores ou dos vestiarios, que precisan dunha remodelación e unha renovación a fondo.
Dende o PP de Viveiro seguiremos traballando para que dende a Xunta de Galicia sigan chegando máis axudas o noso Concello, e seguiremos agradecendo todas aquelas que vaian vindo, veñan de onde veñan, posto que o interese que perseguimos coa nosa xestión e a mellora de Viveiro e polo tanto da calidade de vida dos nosos veciños.