Con catro anos de traxectoria, Terra Branca quere recordar así eses intres memorables con este libro de sinaturas no que quedarán plasmadas as dedicatorias de ceramistas, escultores, pintores ou xornalistas, entre ootros.
A formación realizouse en instalacións deportivas do Concello de Ribadeo ao que lle dan as grazas pola súa colaboración e apoio. O alcalde, Dani Vega, achegouse a saudar aos asistentes a estes cursos.
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este mércores pola tarde en Muimenta na presentación da XXXIII Festa da Filloa xunto ao xerente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez. Unha cita, á que a institución destina 3.000€, que volverá exaltar este produto típico o vindeiro mércores, 1 de maio, no recinto feiral Manuel Vila.
Conmemoraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas personalizados e a rexedora agasallou ás crianzas con diferentes exemplares "animándoos a practicar a lectura a diario, xa que é algo fundamental para o desenvolvemento persoal desde as idades máis novas"
Será este domingo, 28 de abril, con saída ás 11.30 desde o Concello.
A sesión, impartida pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e a Psicóloga, Sonia Pigueiras, enfocada á Saúde Mental, resultou moi interesante e motivadora. O martes 21 de maio teremos unha nova cita, ás 18:30 horas, de novo no local da asociación Terramar.
O equipo alevín mixto do colexio Martínez Otero, de Foz, acadou o primeiro posto. Os resultados das diferentes rondas foron: 4-0, 2-2 e 4-0.
O concurso contou con dúas modalidades, mosca e lance, cun total de 20 participantes. “As capturas foron abundantes e tódolos participantes lograron algunha, un deles capturou unha troita de 50 cm. Despois eran devoltas á auga” apuntou Pablo González, presidente do club. “É de agradecer o bo ambiente vivido durante o concurso e a colaboración de todos os patrocinadores” engadiu o presidente, que informa que para este ano a sociedade ten programadas actividades de limpeza do río e xornadas de iniciación á pesca.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital