Debido ás fortes choivas, a ruta de sendeirismo nocturna prevista para o pasado mércores quedou aprazada para o luns dia 13 ás 22h co mesmo percorrido. Anotacións no 982 59 01 95. O percorrido, duns 6 km discurrirá entre as praias de San Román e a praia de Abrela a través do Camiño natural do Cantábrico. Durante o mesmo, pasarase pola zona de Moutillós, posible emprazamento dunha mota viquinga, a Cruz da praia de San Román e todo a contorna da praia de Abrela. Finalizarase cunha chocolatada opcional (2€) no chiringuito da Abrela.
Aprazamento da ruta nocturna San Román-Abrela para o luns 13
Aprazamento da ruta nocturna San Román-Abrela para o luns 13
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”