Cervo, 28 de agosto de 2018. O BNG de Cervo emitiu un comunicado de prensa o pasado sábado con críticas á xestión de Segismundo García como administrador único de Cerámicas Sargadelos, acusándoo de desprestixiar a empresa e de saltar a lexislación, precarizando as condicións laborais. No comunicado tamén se advertía como a súa xestión podía mesmo pórlle un terríbel final ao proxecto ideado por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo tan importante para a cultura galega.
A resposta do actual administrador, Segismundo García, foi unha “insólita chamada telefónica” ao responsábel local nacionalista, Diego Fernández, na cal lle ofreceu venderlle a empresa “polo mesmo prezo que lle custou”. Desde o BNG obviamente rexéitase este ofrecemento absurdo e esperpéntico, carente de sentido que unicamente demostra que García “está cada vez máis incapacitado para dirixir a empresa respectando a lexislación laboral en vigor”, en palabras de Fernández.
Nesa chamada telefónica García tamén ofreceu unha reunión, que o BNG decidiu rexeitar por considerar a oferta pouco seria e nada profesional, chegada dun individuo sen escrúpulos que presume de incumprir a lexislación laboral, que insiste en amosar comportamentos antisindicais e que está a liquidar un proxecto empresarial cuns valores culturais e galeguistas que lle daban solvencia e capacidade para competir nun mercado globalizado, eses mesmos valores que lle deron prestixio e valor engadido a Cerámicas de Sargadelos.
Críticas á Xunta de Galiza e ao Concello de Cervo
O responsábel local nacionalista, Diego Fernández, non escatimou críticas á Xunta e ao Concello: “á Xunta, por financiar no pasado con 1 millón de euros a deriva suicida de García, sen condicionar o mantemento do emprego e a viabilidade da empresa, por aceptar sen dúbidas despedimentos despois anulados por sentenzas xudiciais do TSXG e do TS, e mesmo por non asumir responsabilidades agora, ante a actitude de insubmisión lexislativa de García que debera activar a intervención inmediata da autoridade laboral.” Diego Fernández acusou ao alcalde cervense, Alfonso Vilares, “de pretender unha posición neutral ante un señor disposto a liquidar un dos principais sinais de identidade do concello de Cervo, levando a moitas familias do concello e da comarca o sufrimento con sucesivos ERE e despedimentos desde o ano 2010.”




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



