Burela, 14 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela denuncia ho“o estado “lamentable” do semáforo do Correo Vello que se atopa vindo de Cervo; “un semáforo con muletas, dado que está suxeito por uns ferros soldados para que este non se veña abaixo”. Neste senso, critican que “se isto fose unha situación de hai uns días, podería pasar, pero é que leva así dous meses, e nada se fai para solucionar esta situación, que podería ser de risco se un vehículo volve a tocarlle ao báculo ou outra circunstancia provoca a súa caída”.
Para os populares, isto é a demostración “palpable” de que o alcalde e o concelleiro de Obras “actúan a base de chapuciñas”. “Non se desbrozan as beirarrúas, colócanse sinais de tráfico onde non deben colocarse, e este semáforo leva dous meses así… Lamentable. O concelleiro de Turismo non se queixará do PP, xa que lle imos propoñer outro slogan para a próxima campaña de promoción de Burela. Se non lle gusta Burela, a selva, pode adoptar o de Burela, chapuzas”, destacan.
Isto quere dicir, a xuízo dos edís do PP, que “hai cartos para todo, pero non os hai para solucionar os problemas do día a día. Iso sí, para fotos ou festas teñen tempo de sobra”.
Sinal de STOP en Eijo Garay
Os populares tamén aseguran que un bo número de persoas se ten dirixido ao grupo do PP para queixarse sobre o sinal de stop colocado na rúa Eijo Garay, na intersección coa do Berbés. A este respecto, precisan que os cidadáns se queixan da nula advertencia previa dese sinal, nunha zona de curvado escaso tempo de reacción dende que se ve o sinal, e de que se para xusto riba dun paso de peóns, co risco que esta situación acarrea.
Os populares lembran que a única administración responsable dese sinal é o Concello, e consecuentemente o alcalde, xa que é zona de ámbito municipal e non portuario. Polo tanto, consideran que “sería bo que o socialista corrixise tal situación, e non se escude en Portos para xustificar a súa incompetencia”.
Para o GMP, “este é o exitoso plan de tráfico que nos anunciara o alcalde hai case que tres an;: un sinal de stop inadecuadamente caducado e un semáforo con muletas”, conclúen.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



