Burela, 18 de setembro de 2019. A Escola de Música de Burela presentaba, nas últimas horas, o novo curso escolar 2018-2019. Nese acto, que contaba coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e do concelleiro de Educación e Cultura, José Díaz, o director da Escola, Xan Carballal, adiantou que un dos proxectos para este curso é realizar un irmandamento ou convenio con outras escolas de países onde hai unha gran tradición musical. A vindeira semana Carballal viaxará a Alemaña para manter unha primeira toma de contacto coas escolas musicais de Gütersloh. Neste proxecto quere implicar a todas as escolas de música da Mariña.
Xan Carballal manifestou que “como dixo o alcalde, na presentación de onte, a importancia que ten a educación musical formando parte da educación integral que deben ter todos os nosos rapaces”.
O director da Escola de Música de Burela adiantou que “para este curso temos en perspectiva, algo que xa vimos poñendo sobre a mesa desde fai anos, conseguir un irmandamento con outras escolas. Sendo ambiciosos, escolas de países onde a tradición musical faga que estean á vangarda musical e entre estes países destaca Alemaña. Xa está bastante avanzado, e xa dimos pasos durante o verán, para establecer no condado de Gütersloh, ese irmandamento coas escolas de música. Tomamos contactos xa neste verán para facer un convenio e por iso viaxarei a próxima semana a Alemaña para establecer un primeiro contacto con estas escolas”.
Xan Carballal subliñou que “queremos loxicamente que sexa algo de todas as escolas da Mariña. Estamos en principio as Escolas de Mondoñedo, de Burela, de Xove, e proximamente falarei tamén coas de Foz e Ribadeo e co Conservatorio de Viveiro. Xa temos feito en varias ocasións proxectos conxuntos que nos deron moi bo resultado. Eu creo que a forma de abordar estas cousas é mediante a unión dos distintos centros que forman parte da Mariña”.
Sobre o comezo do novo curso, o director da Escola burelesa manifestou que “a maior parte das especialidades están cubertas. A Escola de Burela, como a maioría das escolas, ten un cupo de alumnos que pode coller. Isto é lóxico porque non sería igual a calidade musical no ensino. A día de hoxe todas as especialidades están cubertas, só nos quedan instrumentos como clarinete e saxo, o cal quere dicir que é un éxito. Tanto é así que hai bastante xente en lista de espera para poder ocupar as prazas cando queden vacantes, o cal quere dicir que en canto a afluencia estamos un pouco sobrepasados. Isto dá conta de que a educación musical cada vez ten máis aceptación entre a sociedade e iso nos leva a ser positivos e estar con ánimo para lograr metas que hai uns anos ao mellor nos parecían moi difíciles de acadar”.
Xan Carballal engadiu que “poder agora irmandarnos con outras escolas pode representar como un escaparate ao exterior. Ver a forma que teñen de traballar, os recursos pedagóxicos e as infraestruturas que teñen, e iso creo que é importante que o vexa toda a xente, desde políticos ata usuarios, os mesmos profesores, etc… Este ano ademais, xa o acordamos así no primeiro claustro de profesores que tivemos, imos darlle un impulso tamén ás agrupacións da Escola, entre as que están a Banda, o grupo vogal e a mesma orquestra, de cara a conseguir que sexan os sinais de identidade da nosa Escola”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



