Mondoñedo, 30 de setembro de 2018.- Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguías ficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo. Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos, personaxes e lugares que permitan transmitir a idiosincrasia de cada vila. Deste xeito, as audioguías poderán escoitarse dende mañá grazas aos sistemas adquiridos polo Concello, que é quen pon en funcionamento este servizo.
Deste xeito, a alcaldesa remarca que se trata dunha iniciativa, “cuxa entrada en funcionamento quixemos facer coincidir co Día de los Pueblos Más Bonitos de España, e que celebramos mañá, xunto aos outros 67 municipios de todo o estado que estamos nesta rede, porque estamos convencidos que dá un valor engadido á oferta turística que xa ofrece a nosa cidade. É, sen lugar a dúbidas, unha boa alternativa para que os visitantes e os veciños poidan coñecer e sentir Mondoñedo doutra forma, converténdonos nun destino cultural e innovador”, destaca.
É precisamente por esta característica que a rexedora lembra ás persoas usuarias que teñan especial coidado co tránsito rodado da vila xa que o son queda completamente adicado á audioguía.
“Somos un pobo máis bonito pero ademais con contido; un contido emocionante para vivir unha experiencia cultural única”, conclúe a titular municipal.
Roteiro de Mondoñedo
O roteiro por esta vila está baseado na figura do escritor Álvaro Cunqueiro, utilizando espazos urbanos vencellados coa súa vida e obra como fío condutor. Abórdase dende un formato que mestura o documental, o testemuñal e o novelado (“entre ficción e realidade como lle gustaba a Cunqueiro”) no que participan voces dos veciños e veciñas mindonienses. Concretamente, estas interpretacións corresponden a Alicia Puchades, familiar de Álvaro Cunqueiro; Remedios Ledo, a filla do Pallarego; José María Palacios, xornalista; Ángel Redruello, veciño da vila namorado da obra de Cunqueiro; e Fernando López González, que traballou toda a vida na imprenta Sucesores de Mancebo.
O punto de partida é a Oficina de Turismo e remata no Cemiterio Vello, sendo o percorrido o seguinte: 1. Oficina de Turismo; 2. Estatua de Cunqueiro; 3. Rúa Pascual Veiga; 4. Praza do Seminario; 5. Rúa da Fonte e Fonte Vella; 6. Praza da Catedral; 7. Rúa Lence Santar; 8. Rúa Pacheco; 9. Rúa Concepción; 10. Praza do Concello; 11. Igrexa Nova; 12. Rúa Lodeiro Piñeiroa; 13. Rúa Julia Pardo, ata o 14. Cemiterio Vello.
Duración, prezos e distribución
A duración estimada é de 45 minutos e os prezos do alugueiro dos equipos son os seguintes:
-Prezo ao público xeral: 2€
-Prezo para colexios en xeral: 1 €
-Prezo para habitantes de Mondoñedo: GRATIS ata 28/09/2019
-Capacidade máxima: 30 unidades
-Descarga gratuíta do audio dende unha ligazón da web do Concello
A distribución do material (auriculares e MP4), realizarase a través da Oficina Municipal de Turismo. As reservas poden efectuarse a través da mesma, chamando ao 982 50 71 77 ou por correo electrónico: mondonedoturismo@yahoo.es. A duración do préstamo será de máximo unha hora e media, contadas desde a sinatura do formulario.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



