Estamos moi satisfeitos coa organización favorecendo este tipo de campañas”, dixo o rexedor. Nuns días terán lugar en Burela as Carreiras Solidarias Alas de Vida 2018. O 22 de setembro ás 16:30 horas será o paseo solidario e a festa infantil a partir das 16:30 horas na praza da Mariña. A cota da inscrición será de 3 euros. E o 23 con saída tamén desde a praza da Mariña, serán as carreiras cronometradas: 7 kms, trail polo Monte Castelo de 14 kms e as carreiras infantís. As cotas oscilan entre os 7 e 10 €. A cantidade recadada neste 5º Festival Benéfico Deportivo irá destinada á asociación Debra Piel de Mariposa, que acudiu a Mondoñedo co obxectivo de concienciar sobre esta patoloxía.
