A Mariña, 24 setembro 2018. Despois dos acordos unánimes nos plenos do concello de Burela e da Deputación de Lugono mes de xuño pasado, nos que as corporacións burelá e provincial se pronunciaron a favor das propostas do BNG nas que se demandaba á Deputación, á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado o cofinanciamento da construcción dun novo pavillón de deportes na vila mariñá, e tendo en conta que o Concello de Burela se comprometía á redacción do proxecto e a aportar os terreos necesarios para a obra, o grupo provincial do BNG presentou unha moción para o pleno a celebrar este martes na que insta ao goberno provincial a incluir a partida económica necesaria nos orzamentos d 2019 para poder executar o acordo tomado no pleno do mes de xuño a respecto da construcción do novo pavillón de deportes.
O BNG insta ás diferentes institucións a acelerar os trámites e concretar a aportación de cada unha nos vindeiros orzamentos de 2019 para que o novo pavillón sexa unha realidade nun prazo que non exceda os dous anos.
Veiga recorda que nesta sesión plenaria instou a todas as partes a acelerar os trámites para volver a retomar o tema no mes de outubro facendo seguimento do traballo realizado tanto na deputación coma nas outras institucións, para que esta nova instalación deportiva tan necesaria sexa unha realidade nun prazo que non exceda os dous anos.
O portavoz nacionalista en Burela, Mario Pillado, no pleno a celebrar este xoves pedirálle ao alcalde que díe conta das xestións realizadas ata o momento.
Desde o BNG en Burela levarán este asunto ao pleno a celebrar este xoves para que o goberno municipal informe de todas as xestións feitas, da situación dos terreos que oferta e do compromiso orzamentario necesario que o concello tén que concretar nos orzamentos do 2019.
“É un tema de sumo interés, non só para os clubes deportivos de Burela, senón para toda a vila e para todos os sectores económicos, a construcción deste pavillón multifuncional e moderno e que vai ser unha referencia na comarca e na provincia, polo que pedimos ao concello a máxima implicación neste proxecto que naceu a raiz dunha proposta do BNG” afirmou Mario Pillado.
Desde o BNG reprochanlle ao alcalde que non convocara ata agora a xunta de portavoces para informar das xestións realizadas.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



