Barreiros, 6 de setembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de presentar un escrito no que solicita que, por parte do goberno municipal, se lles faciliten os datos relativos ás visitas e estancias turísticas que houbo en Barreiros en tempada estival, así como unha valoración política da mesma en termos sociais e económicos.
Segundo explica a portavoz municipal, Ana Ermida, “tendo finalizado a tempada estival, considerada tempada alta en canto a visitas e estancias turísticas, a maioría de concellos da zona fixeron públicas as cifras obtidas nas oficinas de información turística; supondo un estudo inicial moi valioso á hora de enfocar a promoción turística que se planifique no referido aos de mercado que poidan valorarse.”
Neste sentido, desde o BNG, aseguran que “tendo en conta que o Concello de Barreiros conta actualmente con unha única oficina de información turística, situada no propio concello e con horario de oficina laboral, atendida en acumulación por unha funcionaria municipal, entendemos que é obriga do goberno municipal facer un seguimento dos datos que se poidan obter, así como de elaborar una estratexia turística que ten que pasar, obviamente, por coñecer a realidade na que nos movemos; tanto cos datos “oficiais” que poidan obterse nas oficinas municipais, como cos “extraoficiais” que se extraian dunha continua relación co sector turístico barreirense.
Para o BNG non é de recibo que “o Concello de Barreiros non realizara ningunha valoración da tempada estival no relativo ao dinamismo e á importancia económica do sector turístico; fronte ás feitas públicas por concellos tan dispares e distantes coma Ribadeo, Mondoñedo, Foz, Burela ou Alfoz”. Por esta razón, solicitan que semlles faciliten por escrito as cifras de visitas, con detalle do tipo de turismo, tempo de estancia, orixe, etc. obtidas na oficina de información turística municipal. Así como unha valoración relativa á incidencia e capacidade dinamizadora e económica da tempada estival, así como das posibles valoracións ou achegas do sector turístico, amplamente entendido.” Piden tamén que “se dea conta destas cuestións, así como da estratexia turística seguida e as accións previstas por parte do goberno municipal.”
Misiva á asociación de hostelería e encontro sectorial.
O BNG tamén aproveitou a ocasión para dirixirse oficialmente á recentemente constituída asociación local de hostelería para darlle conta do escrito presentado pola formación nacionalista; así como para poñerse formalmente “á súa disposición para traballar no desenvolvemento turístico de Barreiros e xuntar sinerxias de cara a unha estratexia global de promoción turística que redunde positivamente na totalidade do municipio”, explica Ana Ermida.
Neste sentido, desde a formación nacionalista anunciaron que cara ao mes de outubro continuarán coas asembleas de recollida de propostas, demandas e achegas que lles permitirán gozar dun maior coñecemento das necesidades sociais para elaborar o programa das municipais do vindeiro ano. “Nesta ocasión queremos realizar tamén asembleas con formato sectorial, co fin de tratar temas específicos que teñen un peso social e/ ou económico suficiente en Barreiros e que deben ser pedra angular da acción de calquera goberno municipal; como poden ser os sectores agrogandeiro, turístico, forestal, deportivo ou cultural, entre outros”, afirma Ana Ermida.
Nas vindeiras semanas anunciarán as datas concretas destes actos que estarán pensados nun formato aberto para que calquera persoa con interese nun tema concreto, con independenza de pertencer a algún colectivo ou non, poida participar nos mesmos.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



