Lugo, 24 de outubro de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, asinaron este mércores un convenio de colaboración de 25.000 euros para continuar desenvolvendo proxectos de impulso turístico da mariña lucense.
Campos Conde destacou que “como Presidente da Deputación, pero sobre todo como veciño dun Concello da Mariña, é un orgullo para min estar hoxe aquí, reafirmando o meu compromiso é o do Goberno Provincial con esta Comarca, mediante a sinatura dun novo convenio coa Mancomunidade. Estes fondos da Deputación permitirán desenvolver novos proxectos e actividades de impulso e promoción turística que beneficien aos 16 Concellos da comarca mariñana e, polo tanto, á provincia de Lugo”.
Neste senso, o Presidente subliñou que “aínda que non temos as competencias directas no eido turístico, apostamos polo mesmo e cremos nas súas potencialidades para xerar riqueza e emprego na nosa provincia. O que pretendemos con esta nova colaboración é poñer en valor as nosas potencialidades, dalas a coñecer, e contribuír a que cada vez máis turistas nos veñan a visitar, pois estou seguro de que quedarán con ganas de repetir en futuras ocasións, porque a Mariña Lucense é máxica por natureza”.
Llano García, que agradeceu esta colaboración da Deputación, explicou que “permítenos continuar promovendo turisticamente a mariña lucense a través de accións que nos axuden a impulsar e desestacionalizar a afluencia de visitantes, co fin de conseguir que o fluxo de turistas se estabilice durante o ano”.
A seguinte iniciativa que se desenvolverá, que está en período de deseño, é previsiblemente a elaboración de distintos roteiros e rutas de sendeirismo polos Concello que integran a comarca da mariña, co fin de poñer en valor diferentes puntos turísticos que, ás veces, son descoñecidos para o visitante, pero tamén para os propios veciños.
As iniciativas postas en marcha xa ao abeiro deste convenio de colaboración son:
– Audioguías teatralizadas con información sobre os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, que son historias personalizadas e adaptadas a cada destino. Concretamente, en Mondoñedo o fío condutor é Cunqueiro, en Ribadeo proponse un paseo polo Ribadeo Indiano, e en Viveiro convértese nunha viaxe no tempo pola historia da cidade a través dalgúns personaxes históricos. É un produto cun coidado proceso de documentación no que se identifican sucesos, personaxes e lugares con nome propio, que forman parte da intrahistoria de cada sitio, que servirán para descubrir a esencia de cada unha das vilas e, ao mesmo tempo, descubrir a Comarca
– Imaxe de marca a través do deporte. Recorreuse a deportistas individuais da comarca da mariña, así como equipos como o Burela Fútbol Sala, que levaron o nome da mariña alí onde competían, o que axudou a levar a nome da Mariña lucense, e polo tanto de Lugo, fóra das fronteiras.
– A publicación da revista turística +QueAMariña, editada pola Mancomunidade coa que se promocionan 72 puntos de interese turístico dos 16 Concellos da Comarca. Concretamente son enclaves, nos que se inclúen museos, praias, covas, rutas ou citas emblemáticas. Realizáronse un total de 10.000 exemplares para instalar e distintos espazos turísticos da provincia, así como de toda a comunidade.
























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



