A Mariña 5-10-18. As declaracións feitas polo Sergas despois de que unha veciña de Barreiros presentara unha reclamación no centro de saúde desta localidade pola falta de cobertura de pediatra son , ao parecer deste colectivo en defensa da sanidade pública, totalmente escandalosas, indecentes e faltas da máis mínima ética.
A veciña acudiu ao centro de saúde co seu fillo para un exame de saúde protocolizado e pertencente a unha programa de promoción da saúde e prevención de enfermidades , e uns minutos antes da hora da cita avisárona de que a pediatra estaba de baixa e que lle cambiaban a cita para o mes de decembro.En resposta á reclamación e denuncia pública nos medios desta nai o Sergas resposta que “ a baixa desta profesional mon pudo ser prevista “ e que “ se trata de revisións incluídas no programa neno sano e non de atencións urxentes”. Ante estas respostas a Plataforma Sanitaria denuncia que isto non é unha situación puntual nen extraordinaria , senón que se veñen producindo bastante a miudo e ademáis estas revisións en persoas de tan curta idade non poden ser retrasadas por períodos tan longos de tempo ,”porque non se trata duns días senón de case tres meses podendo darse o caso de que case se solape unha revisión coa seguinte, e os parámetros a avaliar non sexan os correspondentes á idade do neno”- comentan desde o colectivo.
Estes programas foron creados para avaliar o desenvolvemento psicomotriz d@s pequenos así coma o crecemento e outros indicadores de saúde , sendo de gran trascendencia para o correto desenvolvemento d@s nen@s e avalados científicamente polas Sociedades de Pediatría. É por iso que cando se programa unha revisión correspondente a unha idade biolóxica , esta non debe demorarse moito tempo , xa que a velocidade coa que un/-ha nen@ crece e cambia é moi alta.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos ao Sergas que asuma dunha vez por todas o gran problema que ten de escasez de profesionais nos centros sanitarios e que poña inmediata solución ao que “pode converterse nun escándalo de dimensións colosais” conclúen.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



