Lugo, 13 de outubro de 2018.- A provincia de Lugo conta actualmente con 30.630 hectáreas de montes xestionados pola Xunta certificados baixo o sistema PEFC (Programa para o recoñecemento da Certificación Forestal), o que supón aproximadamente o 45% da superficie certificada baixo esta norma en Galicia xestionada pola Consellería do Medio Rural.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta extensión está repartida entre 139 montes, a maioría deles pertencentes a comunidades de montes veciñais en man común que son xestionados por Medio Rural en virtude de convenios ou consorcios asinados cos propietarios.
A certificación baixo unha norma como a PEFC é un instrumento que ten como obxectivo promover unha xestión forestal sostible, axeitada para o medio ambiente e viable dende o punto de vista social e económico.
O delegado territorial destacou que este sistema é unha ferramenta “para promover a xestión responsable das masas forestais e mellorar a competitividade, xa que valoriza os recursos ao dotalos de garantías medioambientais”.
Os montes certificados pertencen a 36 concellos lugueses: Abadín, Baleira, Baralla, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiriz, O Incio, Xove, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pantón, O Páramo, A Pastoriza, Pol, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Trabada, O Vicedo, Vilalba e Viveiro.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



