Barreiros 20-10-18. Texto lido este venres
Bons días, compañeiras e compañeiros. Seguimos aquí na rúa, porque os avances en materia de pensións son mínimos. Parece que non hai vontade, parece que aquí ninguén se atreve a meterlle man ao tema das pensións. Non hai vontade por unhas razóns moi potentes: o sistema financeiro quere absorber os fondos que se manexan para as pensións, do mesmo xeito que queren absorber os fondos que se manexan para a sanidade e para a educación.
Queren privatizalo todo e queren privatizar as pensións tamén.
Nós non imos deixar de mobilizarnos por unha suba de 20€ ao mes, que non serve para paliar a grave situación de miles de persoas que en Galicia sobreviven con pensións ínfimas, porque as pensións galegas signes sendo as segundas mais baixas do Estado, e as pensionistas galegas que teñen pensión de viuvez foron as menos beneficiadas pola suba aplicada, xa que só unha de cada dez víu incrementada a súa pensión.
As pensións son un dereito social, e como son un dereito social, manter o benestar dos maiores tén que ser un gasto colectivo, asumido por toda a sociedade e polo Estado, igual ca manter a rede de estradas, ou manter a sanidade, ou a educación. E recordade que o rescate da Banca pagouse con impostos de todos e todas nós, e foi asumido polo Estado co respaldo dos dous grandes partidos estatais, PP e PSOE, que neso sí se puxeron de acordo reformando a Constitución a tal efecto. E fixeron tamén cadansúa reforma laboral, tan perjudicial tanto unha coma outra.
E siguen mallándonos todos os días coa cantinela de que o Sistema Público de Pensións non é viable. Este discurso falso e cheo de mentiras está orquestado polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional co obxecto de privatizar as pensións. Dádevos conta que a nivel mundial os fondos de pensións son xa o primeiro investidor. É a dinámica do neoliberalismo, é a maquinaria do capitalismo que necesita cada día mais beneficios e que come todo.
Por todo esto temos que seguir coa nosa táboa reivindicativa:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– a supresión do factor ded sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo
Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



