Cervo, 27 de outubro.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue desde o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, ata o domingo 4.
O xoves 1, terá lugar un taller de cociña na Casa do Mar de San Ciprián, ás 11:00 horas dirixido aos nenos de infantil; e ás 12:00 horas aos de primaria. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a Gran Festa Infantil de Samaín, tamén na Casa do Mar.
O venres 2 de novembro, a Praza do Souto acollerá, a partir das 12:00 horas, un taller de manualidades para todas as idades.
O sábado 3 de novembro a Biblioteca de Cervo será o escenario no que se impartirá un taller de contos de medo. A cita será ás 11:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas que curse 1º de primaria en diante. Ás 12:00 horas haberá nesta mesma ubicación un taller de debuxo de Samaín, para todas as idades.
O domingo 4, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a proxección do filme Coco, ás 19:00 horas. Unha cinta animada estadounidense de 2017, dirixida por Lee Unkrich, inspirada na festividade do Día dos Mortos. Gañou o Óscar á Mellor Película Animada e á Mellor Canción Orixinal por “Remember Me”.
A edil de Cultura, anima a todos o nenos e nenas do Concello a que participen nas actividades que foron pensadas para reunir aos máis pequenos no seu tempo de ocio que toman contacto cunha celebración que pouco a pouco está sendo recuperada e gañando terreo sobre a Festa estadounidense, “cada vez tomamos máis conciencia de que a efeméride, a celebración do Día de Defuntos, provén deste rito celta de ano novo que está presente na nosa Cultura dende vai séculos”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



