
dav
O ciclo de teatro, que se celebra no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz, contará o venres 2 de novembro ás 19:00 horas coa obra “Asubíos”, da compañía Elefante Elegante. Esta obra, programada polo Concello de Alfoz, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Mariña, enmárcase dentro do programa de dinamización do galego “FalaRedes”, deseñado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. O teatro continuará o sábado 3 ás 19:00 horas, coa obra “Tren a Nápoles” da compañía Unidade do Zono, desta volta dentro do circuíto de teatro afeccionado “Buxiganga” da Deputación de Lugo.
Así mesmo, as Rutas de Outono, deseñadas polo concello de Alfoz, lévannos desta volta a un dos tesouros naturais da cunca do río Ouro, a Fervenza do Escouridal. A ruta está programada para o xoves 1 de novembro. Os interesados deberán reunirse no punto de encontro, sito diante do Centro Sociocultural de Alfoz, ás 9:30 horas, para a continuación desprazarse ata O Pereiro desde onde se iniciará unha ruta circular duns 5,2 km., cunha duración aproximada de dúas horas e media. Tal como nos di Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz. “trátase de dar a coñecer as nosas rutas nunha estación onde, tanto a paisaxe coma o público interesado en participar, son completamente diferentes aos da época estival”. Estas rutas que continúan ata o 16 de decembro están deseñadas para grupos de 49 persoas como máximo e estarán guiadas por Pedro Rolle de O Freixo dos Lobos.
Todas estas actividades programadas son gratuítas. No caso das rutas deberanse inscribir nos teléfonos 657 84 92 00 ou 666 37 24 03 e nos correos ofreixodoslobos@gmail.com ou turismo@concellodealfoz.com.
Para a xente que se acerque a Alfoz na vindeira fin de semana, cabe recordar que a Oficina de Turismo e o resto das salas do Castelo do Castrodouro permanecerán abertas nesta ponte de novembro o xoves 1, o venres 2 e o domingo 4, en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. No resto do mes de novembro poderán visitarse sábados, domingos e festivos no mesmo horario.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



