O Valadouro 27-10-18. Este sábado, 27 de outubro ás 20:00h. no salón de actos da casa da cultura de O Valadouro, o grupo de teatro Nova Escena representará, a través do programa de teatro afecionado BUXIGANGA de Deputación de Lugo a súa obra “AS FILLAS DE EVA”.
O grupo de Nova Escena xurde en 1997 a partir dun obradoiro de teatro organizado polo Concello de Lugo, constituíndose como Asociación cultural en 2003. Desde aquela levan representadas máis dunha decena de pezas teatrais, reivindicando co seu bo facer a importancia do teatro amateur: Borralliña, O Decamerón, Lisístrata, A irmá María Ignacia explícavolo todo, Cinco mulleres co mesmo vestido, Pensión 13, O Lirio, O inspector, A herdanza da tía Constanza, 2155, In Pacem, A apócema… Destacando ademáis na súa traxectoria as súas participacións en animacións de rúa: A profetisa, A porta do sul…
Desde os seus comezos, levan un rexistro exacto das estatísticas de cada función, entre eles o do número de espectadores. Dacordo con eses datos, a comezos de 2018 chegarían a un total de case 15 mil desde que comezaron a actuar.
A obra que se escenifica en Valadouro esta fin de semana trata sobre unha historia nun país asolado por unha longa guerra onde Eva loita por soster a casa e ás fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabilizará o feble equilibrio do seu mundo. Este é un drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



