Cervo, 22 de xullo de 2026. O Concello de Cervo xa ten en marcha unha nova edición do Curso de Monitor/a de Tempo Libre, integrado no programa Avívate IX, no que participan un total de 17 mozos e mozas que reciben formación teórica e práctica para obter a titulación oficial.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse este mediodía ata unha das sesións para compartir unha xornada co alumnado e coa monitora do curso, Alicia, interesándose polo desenvolvemento da formación e animando aos participantes a aproveitar ao máximo esta oportunidade.
Durante a visita, García Caramés puxo en valor a importancia desta iniciativa, orientada a facilitar novas oportunidades formativas e laborais para a mocidade.
“Este curso é unha excelente oportunidade para adquirir coñecementos e ferramentas que lles poden abrir as portas ao mundo laboral, pero tamén para medrar a nivel persoal. Agardo que aproveitedes cada sesión, que participedes activamente e que desfrutedes desta experiencia, porque todo o aprendido será de gran utilidade no voso futuro.”
A rexedora tamén quixo agradecer o traballo da monitora encargada da formación.
“Quero recoñecer tamén a dedicación e o compromiso de Alicia, que está a acompañar ao grupo neste proceso formativo, facendo que as clases sexan dinámicas, prácticas e enriquecedoras.”
O Curso de Monitor/a de Tempo Libre combina contidos teóricos con actividades prácticas, preparando ao alumnado para desenvolver o seu labor en campamentos, programas de conciliación, actividades culturais e deportivas ou iniciativas de educación non formal.
Desde o Concello de Cervo “continuamos apostando por ofrecer accións formativas de calidade dirixidas á mocidade, favorecendo a adquisición de competencias, a empregabilidade e a promoción dun ocio educativo e saudable”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



