Burela, 22 de xullo, 2026. O vigués Izan García González reafirma o seu compromiso co Reyco Burela FS. O peche, de 21 anos, cumprirá a súa segunda tempada na Mariña tras renovar o acordo de cesión co Noia Portus Apostoli FS.
Izan convértese así na terceira peza confirmada do proxecto de Juanma Marrube para a nova campaña, xunto coa renovación de Pitero e a incorporación do porteiro hispano-brasileiro João Victor. Na pasada tempada, o xogador foi o segundo máximo goleador do equipo, con 11 tantos, só por detrás dos 18 de Pitero.
O 28 laranxa promete de novo “ganas, ambición e moita personalidade na pista” despois do crecemento experimentado o último ano: “Un ano así faiche aprender moitísimo, e máis cando es tan novo. Temos que ser conscientes de que é unha liga moi competida: podes gañar a calquera, pero tamén perder contra calquera. A liga é longa, e canto antes encadees unha boa serie, antes conseguirás os obxectivos”.
Izan destacou tamén a forza da afección: “O punto máis forte de Burela é a unión do equipo coa bancada. É vital estar unidos coma o ano pasado para conseguir as nosas metas”, explicou, recoñecendo que cada vez se sente máis mariñán.
De cara á tempada 2026-27, o xogador agarda esixencia pero tamén recompensa: “Espero un ano moi bonito, no que imos ter que loitar e prepararnos moi ben desde o principio. Será un ano para aprender e seguir gozando, rodeado de xente marabillosa como a que hai nesta vila”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



