Burela, 22 de xullo de 2026. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) celebrou este mércores 22 de xullo unha nova Xornada de Innovación na Pesca, desenvolvida no salón de actos de ABSA, no porto burelés. A iniciativa, incluída no plan anual de produción e comercialización da OPP-7 e cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, reuniu a profesionais, empresas tecnolóxicas e representantes institucionais para abordar os principais retos da modernización do sector pesqueiro.
O xerente da OPP-7, Sergio López, agradeceu a participación dos asistentes e salientou que estas xornadas son posibles “grazas ao apoio das administracións e ao interese dos armadores en seguir actualizados ante os constantes avances do sector”.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, que previamente asistiu á poxa de bonito do norte e pescada do pincho na lonxa de Burela, abriu a xornada destacando o papel clave da tecnoloxía e da dixitalización na consecución dos grandes obxectivos do sector: sustentabilidade, trazabilidade, eficiencia operativa, transición enerxética e remuda xeracional. Subliñou que o complexo mar-industria “está inmerso nun proceso de profunda transformación tecnolóxica” e que a Xunta apoia aos profesionais “nesta transición tan importante”.
Villaverde fixo fincapé no potencial da iniciativa privada galega, que xa desenvolve tecnoloxías emerxentes aplicables á pesca, e animou á frota a seguir incorporando estes avances para adaptarse aos novos desafíos. Reclamou tamén un maior compromiso doutras administracións, especialmente da Comisión Europea, para avanzar nun reequilibrio da Política Pesqueira Común, substituír enfoques punitivos por modelos máis pragmáticos e garantir un fondo financeiro específico para pesca e acuicultura no novo Marco Financeiro Plurianual.
Contidos técnicos da xornada
Durante toda a mañá abordáronse cuestións clave como a dixitalización, a eficiencia no mar, a sensórica integrada e a telemedicina:
Carmelo Zabala (Nautical) explicou as novidades en comunicacións satelitais e sistemas de vixilancia electrónica, obrigatorios a partir de 2028.
María Cubillo (SinCeO2) detallou o funcionamento dos certificados de aforro enerxético (CAEs) e exemplos reais de melloras en barcos: pintura de casco, hélices e portas voadoras.
Pierrick Salaun (Marine Instruments) presentou novas boias satelitais para palangre, máis pequenas e eficientes, que se comercializarán a finais de ano.
Rubén Hermida (Silecmar) abordou a sensórica integrada para tomar decisións operativas en tempo real.
Gloria Mosquera (Syntelix USAIL) e Óscar Pérez e Pablo González (SIVSA) presentaron o novo maletín de telemedicina homologado polo ISM, destinado a evitar evacuacións innecesarias e salvar vidas no mar.
A OPP-7 destacou que estas accións contribúen á mellora da trazabilidade dos produtos pesqueiros e ao acceso dos consumidores a información clara e completa, reforzando o papel de Burela como referente na innovación pesqueira.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



