Foz, 31 de outubro de 2018. O Concello de Foz vén de acadar un principio de acordo coa Fundación Martínez Otero para construír un auditorio municipal na horta do asilo. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera que se trata dunha situación ideal, xa que está moi céntrica e enfronte da Sala Bahía. O rexedor focense subliñou que xa está elaborado o anteproxecto para unha instalación que terá capacidade para máis de 900 persoas.
“Desde o equipo de goberno queremos informar dunha moi boa nova para os intereses do Concello de Foz, que é o inicio dos trámites para a cesión dos terreos que ocupa a horta do asilo de anciáns, a carón da Galiña Azul e da Sala Bahía. É un espazo de 2.770 metros cadrados que van ao fronte da rúa Concello de Viveiro para situar aí o novo auditorio do Concello de Foz”, anunciou hoxe o rexedor municipal focense.
O alcalde lembra que “é unha infraestrutura moi demandada polas asociacións culturais do noso concello, porque se está vendo que para todas as actividades que se están facendo non temos unha infraestrutura deste tipo, que cumpra uns mínimos”.
O rexedor manifesta que “o primeiro paso está dado e quero agradecer ao padroado da Fundación Martínez Otero pola súa dispoñibilidade; desde logo queremos seguir avanzando nese documento de cesión, pero ademais permitiunos ter xa elaborado o anteproxecto desta infraestrutura e xa o temos encima da mesa. Vai ser unha edificación que albergue a máis de 900 persoas de capacidade, que entendemos que xa é un aforo interesante para un edificio deste tipo. Estará nunha zona céntrica, próxima a aparcamentos tanto da Sala Bahía como da avenida de Viveiro e da rúa Cervantes. É un sitio ideal para esta nova infraestrutura”.
Javier Castiñeira engade que “con este anteproxecto iniciaremos tamén a tramitación do financiamento. Iremos á administración que entendemos que debe facer esta infraestrutura, tal e como pasou noutros moitos concellos, que é a Xunta de Galicia. Irei falar directamente co presidente da Xunta para pedir a súa colaboración para facer unha infraestrutura tan necesaria para o noso concello e tan demandada como é o auditorio”.
O alcalde explica que “houbo que cambiar situación prevista inicialmente, hai xa varios anos, que era na zona portuaria, posto que as negociacións con Portos de Galicia non tiveron éxito porque xa non permite ese tipo de obras nas súas zonas portuarias. Polo tanto a nova ubicación era necesario buscala nunha zona céntrica e o Concello non tiña solares nos que puidese situar unha instalación deste tipo. Entón recorremos ao padroado da Fundación Martínez Otero, as primeiras negociacións son moi positivas e a boa vontade do Padroado vai facer posible que se inicie un expediente tan importante como é o da construción dun auditorio no noso concello”.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



