Viveiro, 1 de outubro de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
1 – Fai máis dun ano, este grupo municipal facía unha serie de preguntas dirixidas á Sra. Alcaldesa sobre a situación de diversos inmobles en estado de abandono polo risco que supoñían para os viandantes. Un destes inmobles está situado na rúa Suasbarras nº 48 da parroquia de Covas, propiedade da empresa Piunca S.L., a que xa fai tempo de lle incoou sanción e multa de 300 euros por incumplimento de orde de execución decretada.Ante a imposibilidade de comunicación coa empresa se seguiu o procedimento administrativo.
A día de hoxe, e a pesares de que o equipo de goberno e ante unha petición do noso grupo tapiou a porta e as ventás para impedir o acceso á mesma, o mencionado inmoble sigue en mal estado, ó que si lle engadimos a escasa beirarrúa existente, pon en serio perigo os peóns que transitan polas súas cercanías que non so corren o risco de ser alcanzados por algún elemento desta vivenda, senón que ademáis deben pasar pola estrada en numerosas ocasións.
En situación similar se encontra o edifico do antiguo hotel Cociña na mesma rúa e na mesma parroquia, con risco de caída de obxectos e cun estado lamentable da súa fachada, que precisaría dun adecentamento a fondo.
Dado que as actuacións feitas en ambos inmobles foron mínimas, e ante o lamentable estado de deterioro que presentan cos conseguintes riscos, o que hai que sumarlle a chegada do mal tempo no outono e no inverno, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1º) Respecto a vivenda nº 41 de Suasabrras, aparte das imposicións de sancións polo Concello, que máis acción pensa levar a cabo a cabo o equipo de goberno local para darlle unha solución efectiva a este problema?
2º) Respecto o antiguo hotel Cociña, que medidas se teñen adoptado dende fai un ano que denunciamos a súa lamentable situación? Teñen pensado adoptar algunha medida a curto plazo para darlle unha solución definitiva?
3º) E dado que falamos de vivendas en mal estado, se están adoptando dende o equipo de goberno municipal e os técnicos municipais algún tipo de medidas para actuar nos edificios en mal estado no propio Casco Histórico e mesmo nalgunhas da parroquia de Celeiro?
2 – Varios veciños do edificio nº 6 da Plaza Donapetry, dirixironse o noso grupo dado que o acceso os seus garaxes presenta un estado lamentable pola abundante presencia de maleza dunhas fincas colindantes, o que dificulta o acceder ós mesmos.
Según os propios veciños xa se teñen dirixido ó equipo de goberno local, tanto de palabra, como por escrito, sin que ata o día de hoxe nada se teña feito por solucionar un problema totalmente alleo a dita Comunidade. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1º) Realizouse por parte do equipo de goberno local algunha actuación para darlle solución a problemática destes veciños?
2º) En caso afirmativo, en que consistiu e con que resultado?
Celestino García Paz
Concelleiro PP de Viveiro
Á SRA. ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



