Este martes 23 ás 9:30 horas, na sala multiusos da casa do concello, terán lugar as Xornadas de información, divulgación e ampliación de coñecementos do sector marisqueiro, redeiras e pesca artesanal, organizadas pola Unión de Traballadores Autonómos do Trasporte o Mar e as Comunicacións de Galicia (UNIATRAMIC), coa colaboración da Deputación de Lugo. No acto inaugural está presentes Dolores Somoza, presidenta de UNIATRAMIC; Álvaro Santos, Deputado Provincial; e María Loureiro García, Alcaldesa de Viveiro.