Burela, 5 de novembro de 2018. A Feira Náutico Pesqueira Expomar 2019 celebrarase do 9 ao 12 de maio, tal e como se acordou na xuntanza mantida hoxe por parte do padroado da Fundación Expomar. A persoa que asuma a Concellería de Mar, tras a saída de Patricia Otero do goberno municipal, será a nova secretaria da devandita Fundación. Ademais nos vindeiros días, tamén se procederá a contratar á nova xerencia, despois da marcha por xubilación da actual xerente, Catalina Sánchez Luengo.
O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, declarou que “celebramos unha reunión do padroado de Expomar para definir unha serie de cuestións que nos parecen fundamentais cara ao próximo ano, xa que hai que celebrar a exposición Expomar. Miramos como estaba a situación, cantos patróns seguen vixentes, e seguimos todos os que estábamos, temos algunha preocupación pola Cámara de Comercio, xa que non sabemos moi ben en que condicións está agora mesmo para contar con ela formalmente ou non, pero o resto seguimos igual. Está ABSA, o Concello, Armón, Pescados Rubén e a CEL, de momento somos os que formamos parte deste padroado”.
Llano explicou que “entre outras cousas o que decidimos foi as datas de celebración da Feira Náutico Pesqueira para o ano que ven, que van ser do 9 ao 12 de maio de 2019. Intentaremos que sexa unha feira adaptada á vangarda do sector pesqueiro e imos procurar organizar un evento acorde ás necesidades e ás exixencias actuais do sector. Tamén estivemos mirando o novo secretario para o padroado, dado que xa non contamos con Patricia Otero como concelleira, que era a secretaria actual, e en canto incorporemos ao novo concelleiro imos intentar facer unha renovación para decidir quen vai ser o novo secretario ou secretaria da Fundación Expomar”.
O presidente da Fundación Expomar engadiu que “estivemos falando das propostas de traballo para o ano que ven e organizar a feira. Soamente demos unhas pinceladas porque para que sexa en firme ten que estar o novo xerente. Decidimos facer unha nova contratación, dado que se xubila por idade quen estaba ata agora, que era Catalina Sánchez Luengo, que estivo facendo unha boa labor todos estes anos pero agora, ao chegar a súa xubilación, decidimos realizar unha contratación que faremos efectiva o antes posible, para que se poña ao cargo inmediatamente”.
Llano manifestou que “trataremos de conformar as condicións para que o ano que ven se poida facer unha boa feira exposición, un encontro empresarial e ter tamén unhas boas xornadas técnicas acorde ás esixencias do sector. Imos tratar de organizar unha feira coa importancia que debe ter este sector en toda a economía e a actividade que cremos que é moi importante para o noso concello de Burela”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



