A Mariña, 5 de novembro de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña recibirá unha subvención de 250.000 euros por parte da Xunta para o segundo plan integral de emprego, que foi solicitado hai unhas semanas por esta entidade. Con este proxecto recibirán formación 100 persoas das que 25 serán contratadas por empresas da zona durante un período de tres meses. Dez serán os concellos da Mancomunidade que participen neste programa. O presidente, Alfredo Llano, amosa a súa satisfacción pola concesión desta axuda e agarda que o plan se poida poñer en marcha canto antes.
Llano anunciou este mediodía que “nos foi confirmada a solicitude que tíñamos feito desde a Mancomunidade á Xunta de Galicia para un proxecto integrado de emprego. Recibimos a confirmación, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de que nos foron asignados 250.000 euros para levar adiante este programa”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña dixo que “esa axuda hai que dedicala á formación en diversos campos que xa están programados, van ser aqueles que nosoutros vexamos que serán bos para facer unha boa integración laboral no futuro de toda a xente que participa neste programa. Está pensado para 100 persoas das cales, unha vez rematado, temos que empregar a 25 ou 26 persoas, durante tres meses como mínimo”.
Alfredo Llano declarou que “como imos estar practicamente toda a Mancomunidade, hai dez concellos comprometidos xa, entendemos que pode ser labor fácil se temos en conta o programa que se fixo xa hai dous anos e que foi un éxito de participación e despois tamén de inserción laboral”.
Para O presidente da Mancomunidade “é unha boa noticia que a Mancomunidade poida disfrutar destes 250.000 euros para poder realizar a unha nova edición deste programa integral de emprego. Imos facer unha reunión inmediatamente para poñernos de acordo os concellos implicados, e así que isto bote a andar o antes posible”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



