Santiago de Compostela, 15 de Novembro 2018.- A deputada por Lugo Olalla Rodil trasladou ao Parlamento as irregularidades denunciadas por Adega e Mariña Patrimonio sobre as actuacións levadas a cabo polo servizo de Patrimonio da Xunta en relación ao Castro das Flores situado entre os concellos de Lourenzá e Mondoñedo que, pese a estar catalogado como ben cultural, non recibiu a protección que lle correspondía.
Rodil considera moi grave que a entidade que debería ter velado pola preservación deste ben cultural actuase xusto en dirección contraria para favorecer os intereses económicos dunha canteira.
“Pido luz e taquígrafos sobre o que está a acontecer na servizo de Patrimonio de Lugo, se vai asumirse a algún tipo de responsabilidade se finalmente se corroboran as sospeitas pola actuación irregular deste servizo que incluso pretendeu saltarse os protocolos establecidos para descatalogar este ben patrimonial”, explicou a deputada na Comisión de Cultura.
Tamén fixo referencia ao feito de que se lle permitise á empresa que explota a canteira incumprir a súa obriga de protexer o castro para evitar que fose danado durante o desenvolvemento da súa actividade económica.
“Malia a existencia desde o ano 2000 de informes arqueolóxicos que advirten da protección que lle corresponde por estar inventariado e catalogado, e das denuncias realizadas en 2008, 2016 e 2017, o Servizo de Patrimonio de Lugo non só non actuou para evitar o avance da canteira senón que en 2016 propuxo excluír o Castro das Flores, de maneira ilegal e torticeira, do Inventario Xeral de Xacementos Arqueolóxicos”, denunciou.
“Só hai que ver as fotos aéreas para darse conta que a explotación mineira sobrepasou os límites da concesión autorizada, e o que ao BNG lle sorprende é que fixeran falta tantos anos e diversas denuncias, que fixera falta chegar á Fiscalía para que a Dirección Xeral de Patrimonio actuase”
Para a deputada nacionalista, “non pode ser que de maneira reiterada e continua se estean arquivando denuncias cando se achega documentación que acredita que se está danando o patrimonio arqueolóxico deste país”, recalcou Rodil, quen preguntou se desde a Xunta se vai abrir algún tipo de investigación interna sobre a actuación do servizo de Patrimonio de Lugo e se vai asumir algún tipo de responsabilidade política á espera do que ditamine a Fiscalía.
Desde a Xunta, a directora xeral de Patrimonio, Carmen Martínez Insua, limitouse a defender a actuación desenvolvida polo servizo de Patrimonio, aínda que recoñeceu que había aberto un expediente de dilixencias informativas sobre a actuación do servizo de Patrimonio en Lugo en relación ao Castro das Flores.
Trátase dun castro situado entre os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, incluído no inventario de Xacementos arqueolóxicos desde 1991 e catalogado desde 1995 (BOP) que foi destruído na súa práctica totalidade pola empresa propietaria dunha canteira situada nos límites do castro.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



