Burela, 20 de novembro de 2018. O Concello de Burela inaugurará a ruta circular de sendeirismo este sábado, 24 de novembro, ás 10 da mañá. Será a carón da Capitanía Marítima. O alcalde burelés, Alfredo Llano, fai unha chamada á participacións aos veciños e veciñas de Burela e ás asociacións de sendeirismo. Todas as persoas que acudan realizarán a ruta completa ou en parte durante esa xornada.
O rexedor dixo que “a ruta circular é unha das rutas de sendeirismo moi apreciada en Burela e xa se viña facendo todos os anos en parte ou completa a través da asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, faciámola e seguirémola facendo no mes de xuño para celebrar o día do socio”.
Alfredo Llano manifestou que “este ano, a través da iniciativa do Concello e por suxestión desa asociación de ter unha ruta sinalizada, démolo logrado e agora mesmo chamámoslle ruta circular de Burela. É a ruta máis longa que se pode facer agora mesmo e cruza todos os lugares emblemáticos e bonitos do noso concello”.
O alcalde explicou que “ten un percorrido de algo máis de 16 quilómetros e pasa por sitios singulares como as praias, tamén pasa por a Vila do Medio, por Vilar, polo Monte Castelo e polo Cantiño. É unha maneira extraordinaria de visitar o noso concello e de apreciar o seu contido”.
Llano engadiu que “como queremos inaugurala invitamos a todos os particulares, a todas as asociacións de sendeirismo e a todo o mundo que queira participar. Imos inaugurala oficialmente este sábado, 24 de novembro, ás dez da mañá. Imos comezar en fronte de Capitanía e queremos invitar a todo o mundo, particulares, asociacións, colectivos e quen queira. Quen desexe percorrer os 16 quilómetros poderá facelo e os que non que fagan a parte que crean conveniente. Está moi ben sinalizada con paneis informativos cada pouco e polo tanto consideramos que agora mesmo xa non hai desculpa para non facer unha ruta deste tipo por Burela”.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



