Cervo 16-11-18. Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, este mediodía inaugurouse no Concello de Cervo a mostra sobre útiles líticos do paleolítico “Os Primerios Poboadores da Mariña”, froito dunha colaboración da delegación de Patrimonio, con Mariña Patrimonio e coa asociación cultural Ferveza de Sargadelos; que se poderá visitar na planta baixa ata o 30 de novembro en horario de mañá.
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, ademais de membros de Mariña Patrimonio e da asociación Fervenza de Sargadelos.
As persoas que se acheguen ata o Concello poderán ver unha selección de 40 pezas – as máis antigas segundo os expertos teñen ata 500.000 anos-; que foron achados casuais, que, ao finalizar a mostra, serán entregadas por Mariña Patrimonio ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, para o seu estudo.
O vindeiro venres, 23 de novembro, como actividade complementaria, o director deste Museo, Eduardo Ramil, dará unha charla teórico-práctica ao alumnado do IES Marqués de Sargadelos, que poderán “fabricar” os seus propios útiles.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



