O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “é un convenio importante de financiamento da nova canceira que se vai realizar en Escanlar, concretamente ao lado do punto limpo, na parroquia de Vilaronte. Con este convenio entre a Deputación e o Concello de Foz financiamos integramente a obra, que son arredor de 130.000 euros, dos cales 90.000 euros aproximadamente ponos a Deputación e os outros 40.000, o Concello”.
O rexedor focense subliñou que é “unha obra moi demandada e moi necesaria para a asociación protectora de animais de Foz, como vimos recalcando nos últimos anos. Inicialmente ía financiar a totalidade o Concello de Foz dentro dos orzamentos, pero como non foron aprobados no seu día polos grupos da oposición o Concello de Foz tivo que buscar outras alternativas. Neste caso atopamos á Deputación, dentro do acordo que hai entre os grupos provinciais dun reparto dunha cantidade de diñeiro a cargo de diferentes convenios”.
Javier Castiñeira engadiu que “agradecemos tanto á Deputación como a todos os grupos que o fixeron posible, neste caso o grupo popular que dentro da súa cota estableceu esta parte do financiamento. A partir de agora trataremos de licitar a obra o antes posible porque a idea é que na primavera poidamos ter xa esta infraestrutura tan necesaria. Polo tanto hoxe é un bo día, un día de noraboa, posto que as instalacións que hai actualmente son totalmente insuficientes. É un paso máis importante en aras do coidado dos animais no noso concello, que unha vez máis volve ser un municipio novidoso neste senso”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



