Viveiro 5-10-2018. A maestría que o cociñeiro Miguel Mosteiro ven impartindo por todos e cada un dos concellos pesqueiros do territorio da Mariña-Ortegal concitou grande interese entre @s alumn@s asistentes ós talleres de Cociñado de Peixes e Mariscos da zona celebrados este sábado nos concellos de O Vicedo e Viveiro.
Os participantes seguiron con grande interese e de maneira activa as técnicas de corte e desespiñado de peixes. Igualmente, achegáronse ós fogóns para mesturar os ingredientes das distintas elaboracións que o chef propuxo para esta ocasión. Así, as herbas de litoral ou mesmo as algas maridaron perfectamente á hora de cociñar unha xarda con risoto de codium, pescada mareira con parmentier de pataca ou rolliños de xarda con concasé de tomate e menta.
A iniciativa do GALP A Mariña-Ortegal ten como fin incentivar o consumo das especies que se capturan e comercializan no territorio, amosando maneiras alternativas de limpeza e cortes así como tamén novas formas de cociñado. Os talleres desenvólvense de xeito interactivo co fin de que o consumidor final poña en práctica as técnicas aprendidas e se desmitifiquen así certos reparos que xorden á hora de elixir o produto nos mercados.
O vindeiro sábado, os obradoiros trasládanse ós concellos de Xove e Cervo nos que se atopa aínda aberta a inscrición.
Para mais información: 629 87 20 80
obradoiroscocinamarinaortegal@gmail.com




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



