A Mariña, 12 de decembro de 2018. O pasado martes finalizaron os cursos ofrecidos pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Dende a Mancomunidade consideran que “a formación é un factor determinante na actividade do sector hostaleiro e turístico en xeral. Con estas actividades formativas pretendeuse dotar aos establecementos de restauración das ferramentas, métodos e información necesarias para adecuarse ás condicións cambiantes do mercado actual así como para mellorar a súa competitividade”.
Os cursos foron ofrecidos pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, entidade que busca dinamizar, promocionar e relanzar o produto, os valores e a cultura gastronómica da zona e que dende a Mancomunidade cualifican coma un recurso único e diferenciador que se debe coidar e potenciar.
As accións formativas tiveron unha boa acollida entre as persoas participantes, que valoraron positivamente estas accións e indicaron o seu interese en continuar formándose. Entre os comentarios máis positivos estaba o da duración das sesións, o horario e as datas de celebración, posto que as persoas asistentes indicaron que lles resultaba cómodo e que non lles impedía atender as súas ocupacións. Por outro lado, valoraron tamén positivamente que a formación fose impartida por cociñeiros da zona.
No 2019, a Mancomunidade da Mariña Lucense ten previsto convocar novos cursos para hostalería, e para iso as persoas interesadas poderán suxerir tamén algún tema ou curso do seu interese escribindo un correo a turismo@amariñalucense.gal.
Plan Avanza
Por outra banda, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, referiuse hoxe ao Plan Avanza a anunciou que neste mes de decembro as persoas que poderían beneficiarse deste programa durante o 2019 recibirán comunicacións a este respecto. Llano anima a participar neste interesante proxecto:
O presidente da Mancomunidade declarou que “a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense ten solicitado un plan integral de emprego que foi concedido, cunha achega de 250.000 euros, para levar adiante este ano 2018 e o próximo ano 2019. Teño que dicir que isto é algo moi importante dado que tratamos, desde a Mancomunidade, de aportar o noso grao de area para superar en moitos casos situacións de paro para colectivos difíciles, e polo tanto consideramos que debemos estar aí favorecendo a empregabilidade desta xente que ao mellor non o ten moi fácil”.
Alfredo Llano dixo: “a todos aqueles que lles chegue unha carta para animalos a participar neste proxecto do Plan Avanza 2018/2019, que se apunten, veñan e fagan a entrevista correspondente. Está pensado para 100 alumnos dos cales, ao finalizar, imos reinsertar laboralmente a un mínimo de 35. Polo tanto penso que vai merecer moito a pena porque van ter unha formación específica, de moitas especialidades, e vai ser unha formación integral, sempre pensando en como cubrir un currículo ou facer unhas prácticas nunha empresa, e todo aquilo que sexa favorable para, no día de mañá, ocuparse dun traballo digno e permanente”.
Llano engadiu que “xa estamos en marcha, vailles chegar en pouco tempo, calculo eu que neste mes de decembro, a moita xente unha carta á casa para que forme parte deste proxecto, e animaría a todo o mundo que queira, que vaia ás oficinas do INEM na comarca e se poida apuntar. É un proxecto que xa levamos adiante fai dous anos, daquela foi con 60 persoas, e foi un éxito en todos os aspectos. Polo tanto que se animen a compartir este proxecto que é moi bo para a comarca”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



