Foz 30-11-2018. O PSOE de Foz convoca, a veciños e afectados polas expropiacións, a una reunión para ofrecerlles información sobre o proxecto do tramo Barreiros – Foz da futura A-74 Autovía da Mariña, que esta actualmente en fase de exposición pública.
A reunión celebrarase este domingo 16, ás 11:00 horas, no teleclube da parroquia de San Martiño.
“Dende o PSOE intentaremos resolver todas as dúbidas que plantexen os veciños e ofrecerlles orientación por si queren presentar algunha alegación dentro dos prazos previstos nesta fase de exposición pública de dito proxecto. Á vez que, se lles explicara que o PSOE de Foz ten previsto, tras analizar o proxecto, presentar alegacións para que se garanta a menor afección posible aos veciños e para que se mellore o enlace do Carme sendo máis amable co entorno e se inclúan saídas dirección Viveiro, que beneficiarían enormemente aos veciños das parroquias do interior” explican os socialistas.
