Lugo, 20 de decembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado do PSOE no parlamento galego pola provincia, Luis Álvarez, criticaron que o PP negue 28 millóns de euros aos lucenses para 85 actuacións na provincia. Trátase do total de investimentos que os socialistas presentaron como emendas aos orzamentos do goberno galego para o 2019 e que foron todas rexeitadas polos populares. Os proxectos demandados naceron dos Encontros Comarcais con militantes organizados polo PSOE Provincial para coñecer as principais demandas veciñais de cada zona e incluílas nos presupostos do vindeiro ano.
Santos Ramos lamentou a negativa do Partido Popular ás iniciativas dos socialistas e subliñou que “unha vez máis, o PP dille non á provincia de Lugo, agora dende a Xunta de Galicia, rexeitando as emendas presentadas polo PSOE para impulsar 85 proxectos que foron iniciados hai más de 10 anos, polo tanto que o Partido Popular leva bloqueando unha década e que significaban un investimento de 28 millóns de euros. O goberno de Feijóo aprobou uns orzamentos que di, en maiúsculas, non aos 300.000 veciños e veciñas que vivimos na provincia de Lugo”.
“Outra vez o PP demostra o seu nulo compromiso con Lugo. É unha pena que o goberno de Feijóo non teña en conta nin tan sequera un dos proxectos que reclaman os veciños. Xa levamos unha década aguantando este trato desigual e pernicioso por parte do PP contra a nosa provincia e non o imos permitir. Dende o Partido Socialista seguiremos reivindicando permanentemente estas demandas que cremos de xustiza para os lucenses”.
Luis Álvarez explicou que “os socialistas non pedíamos nada que supuxera un tratamento a favor da provincia, simplemente queríamos igualdade que o resto do territorio. O Partido Popular considera que ten un celeiro de votos na provincia de Lugo polo tanto non ten que facer absolutamente nada. Dende o PSOE demandabamos infraestruturas sanitarias, abastecementos de auga, construción de estradas, melloras nas instalacións educativas, entre outras moitas, e nada tivo o voto positivo do PP. Por iso, consideramos que este período de alegacións é un fraude absoluto, pois non sirve de nada. Os socialistas estamos defraudados pero non sorprendidos porque esta é a dinámica do PP coa provincia de Lugo”.
85 emendas rexeitadas polo PP
Os socialistas presentaron no parlamento galego un total de 85 emendas por valor de 28 millóns de euros. Son as seguintes:
Mellora pavillón deportivo, en Lourenzá
50.000€
Mellora pavillón deportivo, en Burela
50.000€
Campo de fútbol, en Ribadeo
250.000€
Pista de padel e grada, en Trabada
115.000€
Limpeza e recuperación río Masma, en Barreiros
100.000€
Limpeza e recuperación de ríos, en Alfoz
100.000€
Humanización praza Santa María e contorna, en Vilalba
500.000€
Rehabilitación barrio da Tinería, en Lugo
1.000.000€
Porto Seco de Monforte de Lemos
1.050.000€
Arranxo da LU-170, en Baralla
300.000€
Arranxo da LU-636, en Becerreá
250.000€
Arranxo da LU-530, en Castroverde
250.000€
Arranxo da LU-521, en O Corgo
250.000€
Arranxo da LU-651, en Folgoso do Courel
1.000.000€
Arranxo da LU-740, na Fonsagrada
250.000€
Muro de contención na LU-151, en Foz
60.000€
Accesos Pobra de San Xiao, en Láncara
400.000€
Arranxo da LU-622, en Láncara
250.000€
Arranxo da LU-162, en Lourenzá
250.000€
Continuación Rolda Leste, en Lugo
1.500.000€
Accesos Porto Seco, en Monforte de Lemos
1.200.000€
Desdobre estrada Monforte-Chantada
300.000€
Acceso á LU-540, en Muras
200.000€
Arranxo da LU-722, en Navia de Suarna
600.000€
Rotondas na LU-540, en Ourol
75.000€
Arranxo da LU-231, en Palas de Rei
1.300.000€
Arranxo da LU-721, na Fonsagrada
250.000€
Enlace VAP Lalín-Monforte de Lemos
500.000€
Arranxo da LU-653, na Pobra do Brollón
250.000€
Arranxo da LU-933, na Pobra do Brollón
250.000€
Arranxo da LU-760, en Pol
250.000€
Arranxo da LU-611, no Saviñao
300.000€
Mellora de acceso á LU-132, en Trabada
276.000€
Arranxo da LU-161, no Valadouro
800.000€
Arranxo da LU-170, en Xermade
250.000€
Melloras no Polígono Industrial de Chantada
300.000€
Fomento do emprego, en Lugo
2.500.000€
Remate pasarela, en Barreiros
18.000€
Reforma integral Colexio Virxe do Carmen, en Burela
300.000€
Mobiliario e cuberta Colexio Juan Rei, en Lourenzá
70.000€
Arranxo patios CEIP Virxe da Luz, en Portomarín
40.000€
Dotación parque infantil CEIP Celso Currás, en Trabada
25.000€
Restauración Santuario de Guadalupe, no Saviñao
200.000€
Museo da Romanización, en Lugo (1ª fase)
600.000€
Rehabilitación antiga escola, en Trabada
100.000€
Creación de rutas e potenciación turismo, no Corgo
350.000€
Accesos e aparcadoiro, en Ribas de Sil
200.000€
Rehabilitación casa medieval da Tinería, en Lugo
100.000€
Melloras no Centro de Saúde de Portomarín
100.000€
Melloras no Centro de Saúde e PAC de Meira
200.000€
Impulso Feira de Adai, no Corgo
20.000€
Mellora do matadoiro, en Becerreá
150.000€
Dotación vehículo motobomba, en Trabada
150.000€
Mellora do abastecemento, en Antas de Ulla
600.000€
Nova EDAR, en Bóveda
400.000€
Estudio para a mellora da depuradora, en Chantada
75.000€
Mellora do abastecemento e depuración, no Corgo
450.000€
Mellora do saneamento, en Folgoso do Courel
450.000€
Nova EDAR, na Fonsagrada
450.000€
Potabilizadora para o embalse de San Xoán, en Guitiriz
250.000€
Mellora do abastecemento e depuración, en Monterroso
450.000€
Dotación de traída de auga, en Navia de Suarna
700.000€
Mellora do abastecemento, en Navia de Suarna
300.000€
Mellora do saneamento, no Saviñao
450.000€
Mellora do abastecemento, no Valadouro
300.000€
EDAR, en Sarria
400.000€
Dotación de Centro de Día, en Antas de Ulla
150.000€
Dotación de Centro de Día, en Bóveda
150.000€
Dotación de Centro de Día, en Outeiro de Rei
150.000€
Dotación de Centro de Día, en Baralla
150.000€
Dotación de Centro de Día, en As Nogais
150.000€
Dotación de Centro de Día, na Pastoriza
150.000€
Dotación de Centro de Día, en Friol
100.000€
Dotación de Centro de Día, en Pantón
100.000€
Dotación de Centro de Día, en Ourol
100.000€
Mellora do Centro de Día, en Pedrafita do Cebreiro
150.000€
Dotación escola infantil, en Sarria
200.000€
Dotación escola infantil, en Lugo
200.000€
Dotación escola infantil, en Monforte de Lemos
100.000€
Remate da residencia, en Antas de Ulla
50.000€
Posta en marcha da residencia, en Baleira
100.000€
Mantemento do Centro de Día, en Ribeira de Piquín
30.000€
Ampliación escola infantil, en Foz
100.000€
Arranxo antiga escola infantil, en Paradela
80.000€
Dotación de ascensor na Casa da Xuventude, en Vilalba
36.180€




















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



