Lugo, 11 de xaneiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou este venres que o Goberno da Deputación porá en marcha, en colaboración co Goberno Central, unha nova plan para a xeración de emprego no rural da provincia. Trátase dun proxecto dotado de 200.000 euros cos que os Concellos poderán solicitar axudas para formar a rapaces de 16 a 30 anos de idade, e insertalos laboralmente. A través desta programación, dirixida a un total de 55 Concellos da provincia, todos eles de menos de 5.000 habitantes e con saldo vexetativo negativo nos últimos 10 anos; espéranse crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.
López Izquierdo explicou “por vez primeira, unha administración pública a nivel estatal, como é o Goberno do Estado, mostra preocupación polo rural, e pola xeración de emprego. Grazas ao Real Decreto 1234/2018 aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais que son as que mellor coñecen as necesidades do seu territorio”.
A Deputada apuntou que “dende o Executivo Provincial buscamos crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 empresas, e cumprir así os obxectivos marcados con esta programación. Este é o mínimo que establecemos, que incrementaremos con máis fondos no caso de poder crear novos postos de traballo no rural lucense. O que buscamos é xerar emprego nos municipios da nosa provincia e facer fronte a un dos problemas máis importantes aos que nos enfrontamos: o despoboamento”.
Esta programación contempla varias liñas de actuación:
– Formación a mozos de entre 16 e 30 anos, que deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Os mozos seleccionados para formar parte deste programa recibirán formación gratuíta en distintos sectores punteiros na provincia e recibirán unha beca durante o tempo de aprendizaxe. Deste xeito, únese a demanda existente no tecido empresarial da provincia coa oferta, cubrindo o posto de traballo cun perfil formado na materia que necesitan. As empresas que participen nesta programación tamén recibirán axudas.
– Fomento do emprendemento. Entre os rapaces participantes neste proxecto, impulsarase o autoemprego e o emprendemento, ofrecendo axudas a mozos que teñen unha idea clara de negocio e queiran poñela en marcha.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



