Viveiro, 14 de xaneiro de 2019. No día de hoxe iniciáronse as obras de reposición de beirarrúas no primeiro tramo da rúa Cidade de Ortigueira, en Covas, cun orzamento de contrata de 43.606,13 euros.
A rúa obxecto do presente proxecto forma parte do viario da zona coñecida como cidade veraniega de Covas, sendo un vial onde prima a edificación residencial unifamiliar. Este vial comunica a estrada C-642 co paseo marítimo de Covas, atravesando a Avda de Vilalba e sendo unha das arterias de conexión coa praia de Covas. A día de hoxe, a rúa consta de dous tramos, un dende a C-642 ata a Avda de Vilalba e outro dende a Avda de Vilalba ata o paseo marítimo de Covas. Ambos tramos presentan unha situación circulatoria similar, primando a circulación rodada fronte á peonil, dada a inexistencia de beirarrúas que permitan o transcurso peonil das persoas. Unha das zonas do vial ten un pequeno tramo con beirarrúas, sendo discordante co criterio usado na actualidade na zona de Covas, o resto do vial non posee beirarrúas.
Con estas obras preténdese seguir co proceso mellora do entorno da praia de Covas, un lugar de moito tránsito rodado e peonil cunha masiva afluencia de xente en época estival. En concreto, vanse realizar as seguintes actuacións:
– Restituir o tramo de beirarrúa existente próximo ao C-642, homexeneizándoas coas realizadas recentemente noutras zonas de Covas.
– Creación de beirarrúas no resto do vial.
– Dotación da instalación e canalización da rede de alumeado público en todo o vial e reposición das luminarias no tramo comprendido entre a Avda de Vilalba e o paseo marítimo.
Esta obra está incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018, sendo financiada entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



