Viveiro 17 de xaneiro de 2018. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou a principios de 2007 un informe titulado Plan de Mellora dá Atención Primaria en Galiza, no que se establecía unha cota base por médico de 1.250 pacientes, para dese modo garantir unha mellor atención sanitaria á poboación. Con todo, os obxectivos marcados nese plan foron eliminados polo goberno de Feijóo. Semergen e outras sociedades científicas fixan nun ideal de 1.300 e que nunca debería superar os 1.500.
O SERGAS afirma que en Galiza a cociente media de pacientes por médico en Atención Primaria está en 1.282 tarxetas por cada facultativo, algo que se incumpre en Viveiro.
No Centro de Saúde de Viveiro incúmprese na quenda de tarde onde mesmo hai facultativos con máis 1.800 pacientes na súa cota.
“Na quenda de tarde hai actualmente 4.714 cartillas, tres facultativos e dous cupos pechados”, sinalan os nacionalistas de Viveiro.
“Por todo o anterior, e sabedores de que o SERGAS é coñecedor da situación pedimos a creación dunha cuarta praza médica para o noso centro médico para así garantir unha mellor atención sanitaria e evitar a sobrecarga asistencial”, afirman.
Plan para a atención primaria en cinco medidas.
Para a fronte nacionalista e fundamental rescatar a Atención Primaria e propón un plan que recolle cinco medidas concretas.
En primeiro lugar, incrementar o número de profesionais das diferentes categorías para acabar coa masificación dos cupos, de tal xeito que cada facultativo teña unha cota base de 1.250 tarxetas sanitarias., e nunca superior a 1.500.
Segundo, mellorar os equipamentos no centro de saúde, como terceira medida suprimir as limitacións ás probas diagnósticas por parte do persoal de atención primaria, cobertura do 100% das ausencias e baixas dende o primeiro día e, finalmente, poñer en marcha un proceso de formación que se adapte ás necesidades reais do SERGAS.
“O Bloque de Viveiro ten claro que hai que reverter a situación de recortes e de privatizacións consumada polo PP ao longo dos últimos anos e quere mostrar a súa preocupación pola deterioración da Sanidade Pública en Viveiro resultado da política de recortes, desmantelamento e privatizacións levadas a cabo pola Xunta presidida por Núñez Feijóo”, conclúen.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



