Burela, a 14 de xaneiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela vén de presentar un escrito de alegacións aos Orzamentos do Concello para o presente ano 2019, xa que “os Orzamentos incumpren o Plan Estratéxico de Subvencións (PES) 2017-2019 no referido á presente anualidade. O PES foi aprobado o 28 de abril de 2017 coa abstención do Grupo Municipal Popular”.
Os edís populares sinalan que “no PES contemplábase a contía de 180.150 euros (excluída a aportación para a Fundación EXPOMAR) para a presente anualidade 2019, cando a contía dedicada nos Orzamentos 2019 é de 155.800 euros, un 13’51% menos. Compre lembrar que a variación dos Orzamentos para o 2019 con respecto a 2018 é de -0’19% e con respecto aos de 2017 é de +0’0018%”.
Desde o Grupo Popular do Concello de Burela sinalan como “impresentable” a diminución na partida de Servizos Sociais, xa que os importes das subvencións pasan dos 41.500 euros previstos no PES para 2019 a 25.200 euros nos orzamentos 2019. 16.300 euros menos, o que significan unha rebaixa do 39’27%.
“Dentro deses 25.200 euros, os fondos dedicados a servizos sociais ou emerxencia social pasan dos 34.000 euros previstos no PES para 2019 a 17.500 euros nos orzamentos 2019, cando na anualidade 2019 do PES eran de 34.000 euros, o que significa unha redución de practicamente o 50%, e demostra o desprezo do alcalde e do seu equipo cara ás familias e persoas máis necesitadas. O resto, 7.700 euros, van dedicados a subvencións a asociacións, que haberá que ver cómo se convocan e con qué criterios se adxudican”.
Dentro da área de gasto de Servizos Sociais, desaparecen as axudas para axuda escolar de libros (2.500 euros) e microrrelatos (1.000 euros, que se convocaban con motivo do Día contra da Violencia de Xénero). Para os populares, “é especialmente grave que estas dúas contías, de por si baixas, desaparezan, porque demostran o nulo interese do alcalde e do seu goberno en materia de axuda á escolarización dos nenos e nenas máis necesitados e en materia de loita contra da violencia de xénero. Lembremos a este respecto que o alcalde suprimiu as delegacións municipais de Muller e Igualdade logo da dimisión de Patricia Otero, cando ten tres mulleres no equipo de goberno. Llano cárgase as axudas para material escolar e deixa moi mermadas as axudas para emerxencia social”.
Para o Grupo Municipal Popular, “hai outras cuestións a ter en conta. Por exemplo, as seguintes:
En materia cultural, as previsións do PES para 2019 de 23.000 euros para promoción cultural quedan en 20.000 euros, unha diminución do 13%.
Os fondos previstos no PES para o grupo de teatro “Torques” pasan de 2.000 euros a 500.
Os dedicados ás Festas Patronais pasan de 40.000 euros no PES a 37.000.
No que se refire á área de gasto de Fomento do Deporte, o previsto no PES era de 25.000 euros para este 2019, cando nos orzamentos a contía asignada é de 20.000 euros.
En materia de subvencións á promoción do turismo, no PES estaba prevista unha subvención de 800 euros para un recoñecido atleta burelés que desaparece nos orzamentos deste 2019”.
Polo tanto, os populares consideran que “é evidente que estamos ante un incumprimento máis do alcalde, neste caso dun documento que el mesmo e o seu grupo elaboraron e levaron a pleno e o someteron a votación. Qué podemos pensar dun alcalde que incumpre o que el mesmo elabora e aproba? Só nos queda pensar que engana e minte. E neste caso, é especialmente grave porque significa unha caída importante na contía dedicada a subvencións, cando vemos cómo se destinan cartos de todos a pagar máis neste ano 2019 polo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, nun procedemento cheo de sombras e co alcalde pendente de dar explicacións da subida de aproximadamente 110.000 euros/ano que vai supoñer”.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



