Lugo, 29 de xaneiro, 2019.- O Grupo Provincial Popular consegue sacar adiante, con 23 votos a favor e a abstención dos deputados do BNG, unha moción na que pedía ao Pleno da Deputación instar ao Goberno de Sánchez a elaborar de maneira urxente unha Estratexia Nacional de Xestión Cinexética e recoñecer o valor estratéxico da caza. Os populares defenderon que “esta actividade equilibra aspectos económicos, de desenvolvemento do medio rural e de conservación da natureza; ademais de formar parte da nosa cultura e a nosa realidade social”.
Na súa iniciativa, o Grupo Provincial do Partido Popular explica que en 2015 se modificou a Lei de Montes de 2003, a través da Disposición Adicional Cuarta da Lei 21/2015, para que o Ministerio responsable elaborase unha Estratexia Nacional de Xestión Cinexética coa participación das Comunidades Autónomas. O obxectivo desta Estratexia Nacional, cuxos traballos para implementala comezaron na pasada lexislatura, era resolver os problemas que afectan á práctica da actividade cinexética, e da pesca, “a través do compromiso claro e expreso de apoio a ditas actividades das diversas Administracións Públicas con competencias sobre as mesmas”, precisan dende o PP.
Ademais en maio de 2017, a Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático do Senado aprobou unha moción do Partido Popular que reclamaba ao Executivo esa estratexia para que servise “como marco orientativo e de coordinación para a ordenación, a escala nacional, do aproveitamento cinexético”.
A pesar disto, a Ministra de Transición Ecolóxica do actual Goberno socialista, afirmou que prohibiría a caza creando unha gran preocupación en todos aqueles sectores que participan na actividade cinexética. Para os populares na Deputación “escoitar que unha alta representante pretende prohibir unha actividade de impacto económico e medioambiental, así como de gran arraigo social en España supón un retroceso na defensa das liberdades e dereitos recoñecidos aos españois pola nosa Carta Magna”.
Importancia da actividade cinexética
En España existen aproximadamente uns 332.000 cazadores federados e se expiden unhas 800.000 licenzas anuais segundo datos da Fundación para o Estudo e a Defensa da Natureza e a Caza, así como da Real Federación Española de Caza. Ademais, estes cazadores e todas aquelas persoas que realizan actividades relacionadas coa caza, desenvolven unha actividade lexítima que representa o 0,3% do PIB español a través dun gasto de 6.475 millóns de euros, ten un retorno fiscal de 614 millóns de euros e xera preto de 187. empregos, tal e como recolle o Informe ‘Avaliación do Impacto Económico e Social da Caza en España 2016’ elaborado por Deloitte e a Fundación Artemisan.
Os populares engaden que a caza, ademais de xerar emprego e riqueza, contribúe a diminuír o preocupante fenómeno do despoboamento. Ademais, os cazadores e todos aqueles que desenvolvan o seu traballo en sectores relacionados coa actividade cinexética manteñen un alto grao de compromiso coa conservación da biodiversidade, investindo en repoboamentos e outros investimentos de conservación medioambiental e organizando actividades destinadas a sensibilizar e concienciar. Dende o Grupo Provincial Popular defenden que “sen a caza non se entendería a protección e conservación de especies tanto animais como vexetais e a conservación do patrimonio natural, forestal ou histórico”.
Ademais, a actividade cinexética tamén contribúe, por exemplo, ao control e prevención de episodios de risco sanitario derivados de enfermidades como mixomatosis, tuberculose ou a temida peste porcina africana que tería graves consecuencias para o sector porcino; e tamén ao control de poboacións ante a ausencia de predadores naturais necesarios para manter o equilibrio natural dos diferentes ecosistemas.
Puntos de acordo da moción
Os populares solicitaron na moción que se recoñeza o valor estratéxico da actividade cinexética e dos que a practican pola súa contribución ao crecemento económico, á creación e mantemento do emprego e como instrumento para evitar e conter o fenómeno do despoboamento no ámbito rural. Pediron tamén que se recoñeza o alto grao de compromiso de todos aqueles que practican a actividade cinexética coa conservación da biodiversidade no seu máis amplo sentido.
A maiores, trala súa aprobación, instarase ao Goberno do Estado a que, cumprindo co establecido na Disposición Adicional Cuarta da Lei 21/2015, finalice os traballos e publique de maneira urxente a Estratexia Nacional de Xestión Cinexética como marco orientativo e de coordinación para a ordenación a escala nacional do aproveitamento cinexético, convocando ás Comunidades Autónomas e a todos os sectores afectados, aos efectos de impulsar e defender a práctica da caza pola súa contribución ao interese xeral.
Tamén esixe o Pleno da Deputación ao Goberno do Estado á elaboración dun plan de investigación científica e de innovación aplicado á actividade cinexética no seu conxunto, dotado orzamentariamente e que contemple liñas estratéxicas relacionadas coa sustentabilidade económica, social e medioambiental desta actividade.
E, por último, coa aprobación da moción demándase que o Executivo de Sánchez compense aos propietarios forestais pola súa contribución á mitigación do cambio climático como consecuencia da fixación permanente de dióxido de carbono nos montes onde se albergan as especies cinexéticas, as especies protexidas e a gandería, poñendo en marcha proxectos que fomente biodiversidade, a mellora das especies asociadas aos espazos naturais, a conservación dos ecosistemas e o seu desenvolvemento económico e social.

















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



