Alfoz, 15 xaneiro, 2019. Os populares de Alfoz piden que se manteñan limpas e se acometan con urxencia as tarefas necesarias de limpeza, mantemento e conservación das estradas que discorren polo municipio. A este respecto, o voceiro do Grupo Municipal Popular, Juanjo Fraga, lamenta que “o alcalde socialista non sexa capaz de manter limpas as vías de titularidade municipal para garantir a circulación en condicións de seguridade e tampouco de realizar os trámites oportunos para que a Deputación, da súa mesma cor política, actúe tamén nas estradas provinciais”.
O popular lamenta, neste sentido, un novo exemplo “do abandono que sufrimos os veciños e veciñas”. Concretamente, Fraga pon como exemplo “a situación das estradas provinciais que comunican a parroquia das Oiras coa do Pereiro e co centro de Alfoz onde a auga invade a calzada en varios puntos debido á caída de terra dos noiros que obstrúen as gabias. A falta de limpeza supón un perigo para a circulación dos vehículos polas mesmas causando problemas aos seus usuarios”, engade.
Dende o PP local aseguran que “non damos crédito do abandono que sofren as infraestruturas viarias do municipio” e engaden que, “no caso da parroquia de Oiras, a situación que presentan é de xulgado de garda. Vías de dobre sentido apenas superan os 2,50 metros de ancho útil ata o punto que se torna imposible que dous vehículos pasen simultaneamente en moitos treitos das vías que discorren por esta parroquia”, segundo critica Juanjo Fraga.
Isto demostra “a nula xestión do Goberno local en relación á limpeza e conservación das estradas”, precisan. É máis, o popular critica “a falta de capacidade do rexedor socialista e de todo o equipo de Goberno para dar resposta a cuestións tan básicas para o día a día dos alfocenses coma o acondicionamento de estradas”.
“Deixadez” do Goberno local
Ante estes problemas que demostran “a falta de atención que sufrimos os veciños de Alfoz por parte do Goberno local”, o voceiro do PP critica “a deixadez do equipo de Goberno que, despois de anos na oposición e de ter anunciado grandes cambios para o municipio, os únicos cambios que fixeron foron para peor”.
“Outro exemplo de mala xestión constitúeo a ponte de Guilifonso na estrada municipal que comunica o noso municipio co de Abadín; xa que se ve afectada cada vez que chove abundantemente”, apunta. “Aínda así, en lugar de arranxala, o Goberno local opta por botarlle area no burato. Pero esa non é a solución. De feito, despois de dous anos nesta situación, o problema segue a aparecer cando chove moito”, engade Fraga.
Ponte de Centoi
O popular recorda, así mesmo, que “levamos tempo esixindo a mellora inmediata da seguridade da ponte de Centoi da estrada provincial LU-P-0207 que comunica Reirado con Lagoa e dá acceso a outras parroquias e concellos limítrofes. Esta ponte está sen arranxar dende que a pasada primavera un coche caera ao río por mor dun accidente rexistrado nese punto”.
“Dende aquela nin a Deputación, que é a titular da vía, nin o Concello, por ser a administración máis próxima aos veciños e polo tanto coñecedora da situación, fixeron nada por dar solución a este problema que entraña un serio perigo para os usuarios da estrada. Nin sequera sinalizar ben”. É máis, “incluso a cinta colocada para sinalizar tiveron que empatala de novo os veciños despois das crecidas do río”, engade Fraga.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



