Burela 26-1-19.O pasado venres día 25 de xaneiro foi a presentación da novela “A fuxida” de Pepe Peinó na librería Nóbel de Burela. Tendo a Arturo de anfitrión, nada podía saír mal. El foi quen nos acolleu na súa librería, a Nóbel. Alí reunimos a un grupiño de amigos: ó meu curmán Carlos e a un amigo seu; a Bernardo Penabade, que fixo a presentación; a Arturo e Paula, os meus alumnos, que viñeron co seu titor; a Marga, afeccionada ó teatro; a Karina, profesora exemplar; a Antonina, alma máter de Batuko Tabanka; a Manuel Vicente e á súa filla; a Xaime Cancio, que veu dende Foz; a Jose Díaz, concelleiro de Cultura, escritor e amigo; a Matías Nicieza, compañeiro no programa Parolando; a José Antonio, de Gráficas Arfe; a irmá Martina, do colexio Santo Aníbal; o avogado Pablo Álvarez, asiduo colaborador de Radio Burela, etc. E tamén estivo Raquel, como sempre encargándose de facer as fotos para a lembranza. Unha boa acollida do libro aquí, en Burela, o que aumenta a ilusión para seguir neste marabilloso mundo da literatura, creando e vivindo entre páxinas e letras.
