Xove 15-1-19. O Concello de Xove presentou os vídeos XOVE EMPRENDE EN GALEGO o pasado mércores día 26 de decembro. Este luns comezou coa súa publicación para que todas as persoas interesadas podan velos a través da internet.
FABIÁN BEN CONDE
“Cando expuxen o meu proxecto empresarial dixéronme que o feito de facer a presentación en galego lle restaba credibilidade”
O primeiro vídeo de XOVE EMPRENDE EN GALEGO amosa a este emprendedor que explica a súa experiencia emprendedora como xestor de redes sociais e proxectos e a súa visión do uso do galego.
XOVE EMPRENDE EN GALEGO:
Trátase dunha campaña de fomento do emprendemento e a actividade empresarial en galego que o director xovense Xacio Baño gravou no pasado mes de outubro para o Concello colaborando co Departamento de Emprego e Desenvolvemento ao abeiro dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
XOVEMPRENDE EN GALEGO pretende difundir a cultura emprendedora poñendo en valor o propio, fomentando o uso do galego entre as persoas emprendedoras, empresarias e traballadoras; incrementar a conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións empresariais, laborais, comercias, no proceso de busca de emprego e na creación de empresas principalmente; e promover o establecemento da oferta positiva de atender á clientela en galego como práctica habitual.
“Cres que se alguén che fala castelán no teu negocio, ti debes falarlle castelán ou que é correcto falarlle en galego se o entende perfectamente?, por que cres que moita xente nesta situación cambia de idioma pasando ao castelán?”, empregas o galego nas túas redes sociais? Estas son dúas das preguntas sobre ás que contestaron as 6 persoas emprendedoras do municipio entrevistadas para a realización desta campaña, a saber: Fabián Ben, Iván González, Marta Louzao, Nacho Rodríguez, Samuel Míguez e Lucía Canoura.
Estes vídeos están gravados no galego propio de cada persoa entrevistada, non tendo porque ser galego normativo, pero na lingua escrita si se emprega a normativa; escollemos esta maneira para que fose natural e fluída a entrevista.
XACIO BAÑO:
Xacio Baño atópase na promoción de TROTE, a súa primeira longametraxe que está recollendo prestixiosos recoñecementos e loanzas, entre os que podemos destacar a súa selección para a participar no Festival de Locarno (Suiza) e para o 66 Festival de San Sebastián e a súa inclusión polo xornal El Mundo entre as dez mellores películas españolas deste ano 2018. Con Trote, Xacio leva Galicia e ao galego máis aló das nosas fronteiras.
CANLE DE YOUTUBE:






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



