Lugo, 22 de febreiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzou este venres, que o servizo de Teleasistencia gratuíto que ofrece o Goberno da Deputación, atende a día de hoxe a 1.629 maiores de toda a provincia. López Izquierdo, informou do balance deste programa nun encontro cunha veciña de 80 anos, do Concello de Taboada e usuaria desta prestación. Actualmente os 67 concellos da provincia contan con usuarios de teleasistencia, e concretamente, en Taboada son 21 persoas beneficiarias. A través deste servizo, financiado con 324.000 euros, favorécese a permanencia e integración no entorno familiar e social das persoas usuarias.
López Izquierdo sinalou que “con esta prestación gratuíta ofrecemos atención continuada aos máis maiores da provincia. A diferencia da teleasistencia da Xunta, ofrecemos este servizo a persoas catalogadas como dependentes, pero tamén a non dependentes. Durante o ano pasado o servizo de teleasistencia atendeu a 1.773 usuarios de toda a provincia, o que supón un incremento do 17,26% con respecto ao 2017. O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos”.
O Executivo Provincial ofrece, de xeito gratuíto, Teleasistencia a todos os maiores da provincia, con dificultades na súa autonomía, garantindo atención as 24 horas do día e os 365 días do ano. Con este servizo, os usuarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo que, a pesar de vivir solos, na maioría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia.
Por outra banda, a Teleasistencia da Deputación chega a vilas illadas no rural, nas que o número de veciños é moi reducido, polo que ademais de ser un servizo de atención en casos de urxencia, convértese nun acompañamento para moitos maiores a través de charlas telefónicas. No ano 2018, realizáronse un total de 2.773 chamadas por parte dos usuarios para falar ou saudar aos teleoperadores do Centro de Atención.
A través deste servizo, realízase un completo seguimento e mantense contacto coas persoas usuarias a través de comunicacións e chamadas diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación de cada persoa usuaria; ou visitas de coordinación como seguimento ou tras unha circunstancia excepcional. No 2018, as chamadas que se recibiron ascenden a 20.155, sendo soamente un 1.70% do total realizadas a causa dunha situación de emerxencia; isto débese ao labor de comunicación que se realiza dende o Centro de atención, pois fronte as máis de 20.000 chamadas recibidas, realizáronse preto de 69.000 co fin de realizar un seguimento do usuario completo e semanal.





















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



